Martes, 23 de marzo de 2021:

-12.00 horas: Cachamuíña.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, participan no acto conmemorativo do 250º aniversario do nacemento de Bernardo González del Valle, o coronel Cachamuíña. Lugar: Praza da Capela Vella, pobo de Cachamuíña, Pereiro de Aguiar (https://maps.app.goo.gl/L4v8Kp9v8Q9ysytaA).

Luns, 22 de marzo de 2021:

-12.00 horas: Complexo Deportivo de Monterrei.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, na inauguración da primeira fase do Complexo Deportivo de Monterrei.

Luns, 15 de marzo de 2021:

-11.00 horas: Comparecencia de Baltar e Rueda.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o vicepresidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda, comparecerán na sala de prensa do Pazo Provincial ao remate da reunión que manterán coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; co delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e co vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández. Debido ás medidas de protección COVID-19 a cobertura informativa (redactores e gráficos) realizarase exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense. 

Xoves, 11 de marzo de 2021:

9.45 horas: Xornada de "Compliance e Gobernos Locais".- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugura a xornada de formación sobre "Compliance e Gobernos Locais" que se celebra por videoconferencia, organizada pola Deputación de Ourense e a Fundación Democracia e Goberno Local.

Luns, 8 de marzo

11.00 horas: Actividades do Día da Muller.- A Deputada provincial da Área de Igualdade, Luz Doporto, presenta as actividades que a Deputación de Ourense desenvolverá ao longo da xornada para conmemorar o Día Internacional da Muller: a presentación da App "VOUcontigo"; un espazo expositivo virtual que representa a realidade da muller traballadora; e a Xornada "A muller en tempos de pandemia" (que se celebrará ás 17.00 h. telemáticamente e poderá seguirse no enlace: https://call.lifesizecloud.com/8086078). A cobertura da rolda de prensa realizarse exclusivamente por vía telemática a través da web da Deputación de Ourense (enlace: http://depourense.seneca.tv/live).

12.00 horas: Visita ao parque náutico de Castrelo de Miño.- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, visita xunto ao alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, e a presidenta do Club Náutico, Beatriz Alberte, estas instalacións deportivas nas que se levarán a cabo obras de mellora na pista náutica.