Mércores, 20 de marzo de 2019:

-10.00 horas: Presentación da LV Olimpíada Matemática.- Na sala de prensa do centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da LV edición da "Olimpíada Matemática Española". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e do presidente do comité organizador, Felipe Gago.

-11.00 horas: VII Día da Auga, da Árbore e da Poesía.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará no acto do VII Día da Auga, da Árbore e da Poesía que terá lugar na "Insua dos Poetas", na Esgueva, Madarnás (O Carballiño). No acto tamén participará o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; e o director do CEIP do Irixo, Carlos Bericat. Asemade 350 alumnos dos centros da comarca do Carballiño e do colexio convidado, CEIP do Foxo (A Estrada), realizarán diferentes actividades centradas na defensa do medio ambiente, da lingua e da cultura galega.