Reunión de traballo para analizar a estratexia de captación de fondos europeos “Next Generation”

Reunion Fondos Europeos Pumar

Ourense, 23 de abril de 2021.- O deputado provincial e delegado de Turismo e Innovación, Jorge Pumar, mantivo hoxe unha reunión cos deputados Monserrat Lama (non adscrita), Armando Ojea (Democracia Ourensana) e Bernardo Varela (BNG) para informar da estratexia de captación dos fondos europeos "Next Generation", na que está a traballar a Deputación de Ourense desde o pasado mes de novembro. No encontro, a cuxo inicio acudiu o presidente provincial, Manuel Baltar, tamén participaron os representantes da consultora Eosa, que está redactar os plans de captación de fondos que a Deputación presentará ás distintas convocatorias, unha vez que se coñezan a directrices estatais para este proceso.

Pumar valorou positivamente a reunión "que demostra unha vez máis a máxima transparencia coa que traballa a Deputación e a capacidade de diálogo en temas clave para a recuperación económica da provincia, como neste caso é a chegada dos fondos europeos", agradecendo as achegas realizadas polos asistentes á reunión.