185 deportistas danse cita en Muíños na XV Regata Fontefría de piragüismo

  • A proba, válida para a Copa Deputación, terá lugar na Praia fluvial do Corgo, organizada pola Federación Galega de Piragüismo, coa colaboración da Deputación de Ourense e do Concello de Muíños.

Ourense, 21 de outubro de 2020.- A Praia fluvial do Corgo, en Muíños, acolle o vindeiro sábado, 24 de outubro, a disputa da XV Regata Fontefría, III Memoria "Marco Antonio", válida para a Copa Deputación de Ourense de piragüismo. Un total de 185 deportistas daranse cita nesta proba, o que supón un récord de participantes, "o que reflicte o bo traballo que está a realizar no deporte do piragüismo na provincia de Ourense", expresou hoxe Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, no acto de presentación deste evento.

Xunto a él, o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o delegado provincial da Federación Galega de Piragüismo, José Manuel Fernández; o xefe de servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; e o presidente do club Fontefría, Jonathan Domínguez, coincidiron en expresar a importancia de seguir levando a cabo actividades deportivas coa máxima seguridade e con todas as prevención fronte ao COVID-19, "dando un exemplo de deporte e convivencia e poñendo en valor o esforzo de clubs como o Fontefría, que leva 40 anos traballando en favor do deporte do piragüismo", destacou Plácido Álvarez. Segundo lembrou José Manuel Fernández, "esta será a terceira proba que se dispute tralas celebradas en Castrelo de Miño e Barra de Miño, o que supón un reto importante que afrontamos coa máxima garantía".

A proba, válida para a Copa Deputación, terá lugar na Praia fluvial do Corgo, organizada pola Federación Galega de Piragüismo e coa colaboración da Deputación de Ourense e do Concello de Muíños.