A Deputación aproba axudas de cooperación por importe de 250.000 € con entidades e concellos

Ourense, 28 de setembro de 2020.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar, aprobou hoxe, na reunión celebrada por videoconferencia, axudas de cooperación con entidades e concellos da provincia por importe de 250.120 euros. En concreto, aprobouse unha achega de 28.000 euros para a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia destinada aos gastos de funcionamento correspondentes aos anos 2019-2020. Para o Colexio de Economistas de Ourense aprobouse unha axuda de 12.000 euros para o portelo único empresarial – COVID 19, e a Confederación Empresarial de Ourense recibirá unha axuda de 75.000 euros para os gastos de funcionamento 2020: Plan Exportou.

No relativo á cooperación cos concellos aprobáronse dúas axudas: unha de 45.120 euros para o Concello de Cortegada destinada ao depósito de auga en Valongo: construción de depósito de abastecemento en Cortegada; a segunda axuda foi para o Concello de Chandrexa de Queixa, por importe de 90.000 euros, para a execución da obra "Poboado de Chandrexa".