Ourense, 2 de outubro 2019.- Coa participación de poetas de España, México, Angola, Portugal e Cuba, o CÃrculo Poético Ourensán celebrará desde mañá xoves e ata o domingo a décima edición do Encontro Internacional de PoesÃa, que a partir deste momento engadirá de xeito permanente á súa denominación o nome do escritor e poeta ourensán VÃctor Campio Pereira, falecido o pasado ano.
O Pazo provincial acolleu hoxe a presentación deste encontro, do que o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, destacou "a súa aportación ao coñecemento e difusión da creación poética, con especial atención, grazas a un intenso programa de actividades, ao ámbito escolar".
No acto de presentación tamén estiveron presentes Armando Ojea, vicepresidente segundo da Deputación, en representación do Concello de Ourense como outra das institucións colaboradoras do evento, quen tivo un recordo persoal para VÃctor Campio "como un dos mestres que tiven na miña etapa escolar"; o presidente do CÃrculo Poético Ourensán, José Ramón Fernández; e a secretaria desta entidade, MarÃa Méndez.
José Ramón Fernández, quen agradeceu á familia de VÃctor Campio a súa total colaboración para que o Encontro Internacional de PoesÃa leve o nome do poeta ourensán, asà como a colaboración da Deputación e do Concello de Ourense, detallou un amplo programa que comezará mañá mesmo coa visita aos colexios Mestre Vide e Manuel Sueiro, ademais dos centros educativos Amadeo Barroso, Salesianos, Josefinas, Cisneros e Santo Ãngel, xa na xornada do venres.
Espectáculos de poesÃa e música, un roteiro poético polo casco vello da cidade e un recital en Barbadás son outras das actividades previstas para os próximos dÃas, destacando a gala que o sábado, dÃa 5, se celebrará no Liceo e durante a que se entregarán os premios "CÃrculo Poético Ourensán" de promoción e difusión da poesÃa e no que tamén participaron alumnos de primaria de varios colexios.