Ourense, 28 de setembro de 2019.- Pola súa condición de produtora audiovisual lÃder en Galicia en canto a produción cinematográfica, plenamente integrada no mercado español e internacional, Vaca Films recibiu o premio Calpurnia de Honra do OUFF 2019. Os fundadores da produtora, Emma Lustres e Borja Pena, amosáronse entusiasmados no seu encontro coa prensa desta mañá previo a entrega do galardón que tivo lugar esta noite no Teatro Principal, coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, nunha gala homenaxe na que tamén se proxectou "Celda 211", filme que celebra este ano o seu décimo aniversario.
"Este é un recoñecemento que recibimos con moita satisfacción porque é un recoñecemento ao traballo de moitas persoas que nos acompañou ao longo destes anos. Grandes persoas que poñen moito empeño e moita ilusión cada dÃa para sacar adiante todos os nosos proxectos" quixo destacar Emma Lustres.
A Calpurnia de Honra quere servir de homenaxe a unha das produtoras cinematográficas máis importantes do estado, responsable de grandes éxitos de crÃtica e público como "El niño", "El desconocido" ou "Cien años de perdón". Fundada no ano 2003, é un dos máximos referentes da industria audiovisual galega e acaba de estrear a filial Vaca TV, dirixida a produción de ficción para plataformas televisivas.
A multipremiada "Celda 211" foi protagonista na gala, coincidindo co décimo aniversario da súa estrea, filme que ademais foi proxectado no Ourense Film Festival de 2009 tras pasar polos festivais de Venecia e de Toronto. Moitos dos seus protagonistas volveron hoxe a pisar as rúas ourensás para acompañar a Emma Lustres e Borja Pena. A homenaxe que o OUFF 2019 rende á produtora complétase coa edición do libro "Vaca Films. Paixón polo cinema" e cun ciclo especial con algúns dos seus filmes máis destacados.
"Vaca Films. Paixón polo cinema"
É o tÃtulo do libro que quere homenaxear a traxectoria da produtora galega. Trátase dun volume colectivo que se encadra dentro das publicacións propias do festival e que se converte no número 2 da serie MonografÃas que comezou o ano pasado con "Dos pés á cabeza", tÃtulo escrito por Eduardo Galán e dedicado a Xavier Bermúdez, Capurnia de Honra do OUFF 2018.
Coordinado por Miguel Anxo Fernández, director artÃstico do OUFF, no libro faise un repaso pola traxectoria de Vaca Films a través da aportación dunha vintena de especialistas en cine como Andrés Castro, Diana RamahÃ, Fernando Redondo, Alberto AbuÃn ou o propio Eduardo Galán. A través destas visións tan diversas, analÃzase o caso de éxito de Vaca, un modelo a respectar, a valorar e mesmo a imitar, por conxugar na súa filmografÃa, unha vocación plurinacional e cosmopolita, coa de manter a Galicia no seu ADN.
Ciclo Vaca Films
O ciclo Vaca Films do OUFF poderá verse no Centro Comercial Ponte Vella durante a semana do festival e inclúe os seguintes tÃtulos:
"Quien a hierro mata" (Paco Plaza), con Luis Tosar como protagonista; actualmente en carteleira.
"Invasor" (Daniel Calparsoro), con Alberto Ammánn e Inma Cuesta; nomeada a 5 premios Goya.
"El niño" (Daniel Monzón), con Luis Tosar e Jesús Castro; gañadora de 4 premios Goya.
"El desconocido", debut na longametraxe do monfortino Dani de la Torre; rodada na Coruña con Luis Tosar e Javier Gutiérrez
"Cien años de perdón" (Daniel Calparsoro), con Rodrigo de la Serna, Luis Tosar e Raúl Arévalo.
"Feedback", a ópera prima de Pedro C. Alonso que conta con Eddie Marsan, Paul Anderson ou Ivana Baquero.