A provincia arxentina de Entre R铆os ser谩 a sede de "Termatalia" 2020

  • A resoluci贸n deuse a co帽ecer hoxe no marco da 19陋 edici贸n da Feira Internacional de Turismo Termal, que se celebra en Expourense, nun acto no que participou o presidente da Deputaci贸n de Ourense, Manuel Baltar, quen destacou a importancia de Entre R铆os no 谩mbito do termalismo e os "importantes lazos que unen a Ourense con Arxentina".

  • Entre R铆os 茅 a provincia arxentina que acumula maior cantidade de augas termais, con quince centros de termalismo que promoven o turismo de sa煤de, relax e benestar, distribu铆dos en trece localidades.

Ourense, 20 de setembro de 2019.- A provincia arxentina de Entre R铆os ser谩 a sede de "Termatalia" 2020. A resoluci贸n deuse a co帽ecer hoxe no marco da 19陋 edici贸n da Feira Internacional de Turismo Termal, Sa煤de e Benestar, que se celebra en Expourense, nun acto no que participou o presidente da Deputaci贸n de Ourense, Manuel Baltar, quen destacou a importancia de Entre R铆os no 谩mbito do termalismo e os "estreitos e importantes lazos que unen a Ourense con Arxentina".

Entre R铆os 茅 a provincia arxentina que acumula maior cantidade de augas termais, con quince centros de termalismo que promoven o turismo de sa煤de, relax e benestar, distribu铆dos en trece localidades, unha relevancia que o presidente do goberno provincial uniu "谩s moitas vinculaci贸ns hist贸ricas, culturais e sociais que temos con Arxentina e 谩 infinidade de raz贸ns que nos unen", citando entre elas que a nai de Jos茅 de San Mart铆n, Gregoria Matorras, morreu en Ourense en 1813, onde est谩 soterrada.

"脡 unha honra entregar hoxe a bandeira de Termatalia a Entre R铆os", destacou Baltar, agradecendo "a toda a delegaci贸n desta provincia arxentina que estivese compartindo con n贸s, a dez mil quil贸metros de distancia da s煤a terra, estas xornadas de traballo e promoci贸n termal en Ourense, no 谩mbito de Termatalia. A nosa provincia e Expourense achegar谩n o apoio e o co帽ecemento para que Termatalia 2020 sexa un 茅xito, como ten acontecido nas anteriores edici贸ns. Parab茅ns desde esta provincia termal 谩 outra provincia termal, e unha mensaxe fraterna de cooperaci贸n en algo que nos une, entre outras moitas cousas, como 茅 o termalismo", expresou Manuel Baltar.

O acto contou, ademais do presidente Baltar, co conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Rom谩n Rodr铆guez, e representantes da delegaci贸n de Entre R铆os, encabezada pola secretaria de Turismo e Cultura do goberno desta provincia, Carolina Galliard, entre outras autoridades. Precisamente, Entre R铆os postul谩rase como candidata para converterse na sede de Termatalia 2020, unha provincia que ten participado en numerosas edici贸ns de Termatalia, e que acumula a maior cantidade de augas termais, sendo a capital nacional do termalismo. As s煤as termas distrib煤ense en Basavilbaso, Chajar铆, Col贸n, Concepci贸n del Uruguay, Concordia, Federaci贸n, Gualeguaych煤, La Paz, Mar铆a Grande, San Jos茅, Victoria, Villa Elisa e Villaguay, as铆 como nas costas dos r铆os Paran谩 e Uruguay. Neste sentido, os complexos termais de Entre R铆os contan con balnearios, piscinas cubertas e ao aire libre, ademais de parques acu谩ticos e unha ampla oferta de hospedaxe e gastronom铆a rexional.