Ourense, 10 de abril de 2019.- O polÃtico e mestre Francisco RodrÃguez analizou hoxe na antiga Biblioteca do Pazo Provincial, a temática de "A España Soberanista", dentro da "I Semana Ourensá de Análise PolÃtica", un ciclo de conferencias que organiza a Deputación de Ourense e a Fundación Castelao centrado nas visións e perspectivas da organización territorial do Estado. Francisco RodrÃguez Sánchez, ademais de mestre, é autor dun importante número de estudos, ensaios e investigacións relacionados coa realidade galega e a súa bibliografÃa tamén contén estudos documentados sobre autores fundamentais da nosa literatura.
Mañá xoves, 11 de abril, someterase a análise "O caso catalán", da man do catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, Ramón Villares.