Sarabela presenta a obra teatral "A voar", dirixida ao público infantil

O espectáculo, patrocinado pola Deputación de Ourense, estréase o vindeiro domingo no Auditorio do Carballiño e en outubro representarase no Teatro Principal.

Ler máis...

50 nenos compiten na regata Copa Deputación e participan na XV concentración de Escolas de Vela

O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación da "Regata Copa Deputación Optimist de Vela" e da "XV Concentración de Escolas de Vela", eventos nos que participan as mellores escolas de vela de Galicia, e que reunirá dende mañá venres e ata o vindeiro domingo a máis de 50 nenos de entre 7 e 14 anos no embalse de Castrelo de Miño, acompañados de monitores, técnicos e familiares, na que será "unha gran festa da vela". Así o dixo a presidenta do Club Náutico de Castrelo, Beatriz Alberta, quen estivo acompañada na presentación polo director desta instalación deportiva, Gabriel Fernández; polo asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, e pola concelleira de Deportes de Castrelo de Miño, Maribel Rodríguez.

Ler máis...

Apertura do novo vial de conexión entre Rairo e Bemposta

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, visitou hoxe Ourense para supervisar a apertura ó tráfico do novo vial de conexión entre Rairo e Bemposta, na Ou-510, que liberará o tráfico do centro da cidade.

Ler máis...