A Festa do Pan de Cea, único evento en Galicia de exaltación deste alimento, repartirá 3.200 quilos de pan

A Festa do Pan de Cea, a cita gastronómica máis importante no eido do pan das que se celebran en Galicia, prevé repartir o vindeiro 7 de xullo máis de 3.000 quilos deste alimento, para o cal, os panadeiros de Cea cocerán o vindeiro domingo unhas 2.500 pezas de pan.

Hoxe tivo lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense a presentación da 22ª edición da Festa do Pan de Cea, declarada de interese turístico, coa presenza do presidente provincial, Manuel Baltar; o alcalde de Cea, José Luis Valladares, e o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica protexida "Pan de Cea", Carlos Manuel Rodríguez.

Manuel Baltar, quen durante a súa etapa de delegado de Agricultura en Ourense, puxera en marcha en 1999 a IXP Pan de Cea, dixo que a Festa do Pan de Cea "é coñecida en moitos países do mundo, pero iso é froito do sacrificio e do bo facer do colectivo de panadeiros que día a día fan posible ese manxar".

Baltar destacou que un ano máis "a Deputación de Ourense está ao carón dunha celebración que promociona sinaladamente a nosa gastronomía e a nosa cultura e historia", subliñando que o pan de Cea data de referencias do século XIII.

José Luis Valladares e Carlos Manuel Rodríguez lembraron precisamente que máis do 70% da produción do pan de Cea envíase fóra de Galicia: a Cataluña, País Vasco, Cantabria, Madrid, Valencia, Baleares e mesmo diferentes países de Europa. Desde 1992 que comezou esta festa, neste edición acádase o número 22, "o que a converteu na festa gastronómica referente de Galicia", explicou Valladares.

Tanto o Concello de Cea como a asociación de panadeiros viron na Festa unha oportunidade única para a "exaltación" dun produto único, que anos despois obtería, de xeito case simultáneo, un distintivo de calidade a nivel nacional e europeo.

Foi precisamente no ano 2004 cando o Pan de Cea consegue ser o primeiro con Indicación Xeográfica Protexida en todo Europa, e dada esa circunstancia constitúese o Consello Regulador da IXP Pan de Cea.

Para este ano, o Consello Regulador, os fornos inscritos no mesmo e o concello fan un importante esforzo para manter e, se cabe, elevar o nivel de calidade da festa, apostando polas televisivas "Cantareiras de Ardebullo" como pregoeiras e cunha variedade importante nos expositores e colaboradores onde os locais monxes do mosteiro, como exemplo, estarán entre os expositores ofertando os seus tradicionais produtos, así como outros que ofertarán unha gran variedade de artigos, todos eles con calidade contrastada.

Degustacións de balde de chourizos ao viño, musica de charangas e baile con orquestra completaran unha edición que se agarda cumpra o obxectivo desta festa: exaltar o Pan de Cea.

Deputación de Ourense e Universidade de Vigo colaboran nun estudo pioneiro sobre a "Historia do poder local"

  • Manuel Baltar e Salustiano Mato asinaron un convenio para a dixitalización de documentos históricos da institución provincial, que servirá de base para o traballo investigador.

A Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo colaboran para levar a cabo un estudo pioneiro no eido da historia contemporánea. Trátase dunha investigación sobre a "Historia do poder local", que coordinará o profesor e investigador Xulio Prada, da Universidade de Vigo, e que, segundo pronosticou "levará varios lustros, dada a cantidade de información que temos que manexar o que, unido ao feito de que é un estudo único e singular, teremos que abordar o traballo en varias fases, abranguendo os anos 1917 ao 1975", explicou o historiador, especialista en Historia Contemporánea.

Precisamente, para a realización deste estudo, hoxe o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron un convenio de colaboración que permitirá dixitalizar a documentación patrimonial e histórica da institución provincial, "o cal fará posible poñer a disposición dos cidadáns unha información de indubidable valor histórico e, á vez, permitirá aos investigadores achegarse máis polo miúdo á realidade política, social e histórica da provincia de Ourense", explicou Manuel Baltar.

O convenio, que non supón achegas económicas por ningunha das dúas institucións "é unha nova maneira de cooperación institucional na que unimos sinerxias para devolverlle á sociedade ourensá o que noutros tempos nos deu", afirmou Baltar, destacando que os 14 meses de vixencia do acordo permitirán realizar un exhaustivo traballo de dixitalización dos fondos documentais da Deputación de Ourense "que logo quedarán a disposición de todos e servirá para relanzar o noso patrimonio histórico dun período tan importante para a sociedade como foi o século XX".

Salustiano Mato dixo que este modelo de colaboración entre Deputación de Ourense e Universidade de Vigo "é o resultado de harmonizar as capacidades de ámbalas dúas institucións, intercambiando coñecemento e investigación, nuns espazos de colaboración que cobren unhas necesidades históricas importantes, que agradecen tanto os investigadores como a sociedade en xeral".

Miren Xare gaña a XII edición do Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense

A artista do País Vasco Miren Xare Álvarez Beracoechea acadou o primeiro premio na XII edición do Certame de Artes Plásticas que anualmente convoca a Deputación de Ourense para artistas menores de 30 anos coa súa obra "Easting Northing Elevation", unha instalación composta de 40 pezas de escaiola sobre madeira mais unha litografía ampliada e transferencia sobre papel, na que a autora reflexiona sobre os territorios e os espazos xeográficos. O primeiro premio está dotado con 3.000 euros.

O segundo premio, dotado con 2.000 euros, foi para a obra "Golondrinas I. Olor a verano", un traballo con acuarela e collage de Neves Seara Palacio, mentres que Alexandre Prada Souto conseguíu os 1.000 euros do terceiro premio coa obra "Cómprate una vida", un traballo dixital sobre lenzo de 190x150 centímetros.

Este certame, un dos más consolidados e prestixiosos de Galicia, ten dous accésits con 500 euros cada un, que foron para o ourensán Fernando Durán por unha fotografía analóxica titulada "54,206387,67.222158" e para unha instalación de María del Pilar Boullosa Alvarez, titulada "Belleza forzada".

A esta XII edición presentáronse máis de cen traballos de todo Galicia e de lugares como Madrid, Sevilla, Asturias, Málaga, San Sebastián, Barcelona ou Bilbao.

O xurado estivo integrado por Juan Carlos Meana Martínez, decano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Alex Mene Pazos, artista e comisario de exposicións; Eva Torres, directora do Museo Municipal de Ourense, e Javier Blanco Sierra (Xavier Riomao), artista e profesor da Universidade de Vigo. Como secretario do xurado actuou Francisco González, director do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación.

O certame complétase cunha exposición a celebrar no mes de setembro, onde se poderán ver as obras galardoadas e unha selección das obras presentadas a esta edición.

 

Nº

NOMBRE

APELLIDOS

OBRA

TÉCNICA

 

6

Alexandre

Prada Souto

Cómprate una vida

Digital sobre lienzo

3º premio

15

Alberto

Ardid de Cabo

A coroación do non

Mixta- escultura

 

16

David

Catá

Secuelas 03

Acrílico sobre lienzo

 

17

David

Catá

NI conmigo, ni sin mi, 01. Cosido real

Fotografía

 

19

María

Castellanos Vicente

Cuerpo

Vídeo DVD Pal

 

20

Neves

Seara Palacio

Golondrinas I (Olor a verano)

Mixta acuarela y collage

2º premio

24

Saudade

Artiaga

Buscando el Norte

 

 

26

Miguel

Monasterio

Coartado

 

 

28

Hugo

Crespo Pazos

Tiempos difíciles

Impresión digital

 

29

María del Pilar

Boullosa Álvarez

Belleza forzada

Instalación

Accésit

30

Arkaitz

Rodríguez Brage

Yo siempre quise ser un chico malo

Vídeo HDV PAL

 

 

33

Beatriz

Suárez Saa

Muro agrietado

Acrílicos sobre papel

 

34

Beatriz

Suárez Saa

Inmaculada Inocencia

Escultura

 

36

Soraya

Redondo Taboada

Presenza

Pintura

 

40

Fernando

Durán Arriero

54,206387,67.222158

Analógica 6x7

Accésit

41

Juan

Gil Segovia

S/T

Acrílico sobre madera variables

 

44

Diego

Vites

Pintura disidente

Técnica mixta sobre algodón montado en listóns de madeira

 

 

45

Natalia

Domínguez Torres

S/T

Intervención fotográfica

 

 

47

Sheila

Pazos Silva

Qué pasa ahí fuera?

Copia lambda con metacrilato

 

 

48

Miren Xare

Álvarez Beracoechea

Easting Northing Elevation

Instalación escayola sobre madera. Litografia ampliada transferencia sobre papel

 

1º premio

57

Verónica

Vicente Álvarez

Entre bambalinas

Fotografía dixital. Impresión lambla RC 5 fotografias

 

 

61

Carlota

Salgado Leal

Peinarse como poética do durante

 

Escultura e debuxos feitos cn grafito sobre madeira

 

 

62

Minerva

Losada Rivero

El discurso

Instalación + Audio

 

 

63

Sabela

Rial Zamudio

Conserva-la calma

Botes de vidrio + Impresión sobre papel cebolla

 

 

64

Marta

López López

Peligro! No crucen las vias

Debuxo sobre papel

 

 

65

Ana Belén

González Dobarro

Hicimos los deberes! Ahora maletas jóvenes

Mixta

 

 

70

Mireya

Fernández Díaz

Liñas

Costura sobre tela

 

 

74

Minia

Martínez Seijas

Pim-Pam-Pum

CD Stop Motion

 

 

76

Lois

Costas Pereiro

Masti Blue Beard

Lapis policromado sobre papel

 

 

77

Eva

López Uribarri

Ocaso

Material textil reutilizable

 

 

78

Andrea

Valado Díaz

Bellolimbo

2 fotografías digitales

 

 

79

Andrea

Valado Díaz

Mis abandonados cabellos

Fotografía digital

 

 

100

Raquel

Gómez Vázquez

Caperucita en fuga

Mixta

 

 

Presentación da campaña de compostaxe doméstica 2013 que promoven a Deputación de Ourense e Sogama

  • Nove concellos da provincia desenvolverán este ano accións medioambientais de compostaxe, sumándose aos 45 municipios que xa o fixeron en anos anteriores.

  • Manuel Baltar, e o presidente de Sogama, Luis Lamas, concordaron en que campañas deste tipo contribúen a difundir e sensibilizar sobre boas prácticas no eido do medio ambiente.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente de Sogama, Luís Lamas, presentaron hoxe a campaña de compostaxe doméstica 2013, que se desenvolverá nos concellos de O Carballiño, Castrelo de Miño, Ribdavia, Rairiz de Veiga, Punxín, Viana do Bolo, A Veiga, A Rúa e Rubiá. Estes nove municipios súmanse aos que xa se veñen incorporando a esta campaña desde o ano 2010 -54 en total-, en virtude do convenio entre a institución provincial e Sogama en materia de compostaxe doméstica. O éxito alcanzado apoia a extensión deste servizo a novos concellos na mesma situación que os anteriores, os cales se beneficiarán das vantaxes ambientais, económicas e sociais que trae consigo a compostaxe caseira.

Manuel Baltar e Luis Lamas concordaron en que campañas deste tipo "contribúen a difundir e sensibilizar sobre boas prácticas nos eido medioambiental, e falan das obrigas, dereitos e deberes que todos temos para protexer o noso medio natural", explicou o presidente provincial.

Cada un dos nove concellos adscritos este ano á campaña recibirá unha media de 25 recipientes composteiros –o que sumado aos anteriores anos da un total de máis de 2.000 composteiros-, co obxectivo de conseguir a reciclaxe da materia orgánica en orixe para obter un abono natural de excelentes propiedades fertilizantes para o solo (xardíns, hortas e terras de cultivo). Isto permite diminuír a frecuencia de recollida do contedor convencional, entregando menos toneladas de lixo a Sogama e, polo tanto, reducindo o importe da factura a pagar a esta entidade pública.

Tamén, dende a perspectiva social, evítanse os continuos desprazamentos que a poboación do rural, polo xeral envellecida, debe realizar aos contedores, pechando así o ciclo de aproveitamento dos restos orgánicos nos propios fogares.

Pero o programa, máis aló de contemplar o reparto de composteiros, reforzarase cunha ambiciosa campaña educativa e de formación ambiental para que os usuarios poidan levar a cabo a súa tarefa, desenvolvendo a técnica de fabricación de compost de forma axeitada e controlando todos os factores que poden incidir no resultado final.

Financiamento

A iniciativa, dotada con 25.000 euros, será financiada a partes iguais pola Deputación de Ourense e Sogama, encargándose esta última da edición de material didáctico e divulgativo. Pola súa banda, o ente provincial responsabilizarase do control do desenvolvemento da campaña, asumindo a dirección e supervisión dos traballos realizados, participando nos labores de comunicación orientados aos representantes políticos e técnicos dos concellos participantes e supervisando os contidos a difundir nas correspondentes xornadas formativas.

Tamén asumirá o seguimento, xa que persoal especializado será o encargado de visitar casa por casa para comprobar o labor dos participantes, resolver dúbidas e corrixir erros. Esta tarefa considérase esencial de cara a alcanzar o obxectivo da actuación, que non é outro que obter un compost de calidade que cumpra con todos os parámetros da normativa vixente para ser aplicado na agricultura con absolutas garantías.