Victoria Prego: "Ourense é Europa e o mundo, porque a Ourensanía une"

  • A xornalista agradeceu o Premio Ourensanía "porque non exclúe, algo hoxe en día moi valorado, pois enfrontámonos ao movemento de separación máis importante, que se utiliza para rexeitar a quen non é igual".

  • Manuel Baltar resumiu na frase: "A Transición foi unha Victoria" as achegas de Victoria Prego que a fixeron merecente do Premio Ourensanía 2014, "un exemplo de xornalismo próximo pero reflexivo, tolerante e atractivo, un auténtico referente social".

  • Alberto Núñez Feijoo destacou "a maneira que a comunicadora tivo de transmitirnos, crónica a crónica, aquela realidade que nos permitiu a todos chegar a ser un dos países máis fortes de occidente".

Ourense, 11 de novembro de 2014.- O Teatro Principal de Ourense acolleu hoxe o acto institucional da entrega do Premio Ourensanía 2014, que foi concedido á xornalista Victoria Prego por unanimidade do xurado, que destacou "as imprescindibles achegas que fixo a comunicadora nos ámbitos da comunicación e da política para entender a historia de España dende a Transición ata os nosos días". Ademais, o xurado considera a Victoria Prego -sempre comprometida, de seu e polas súas raíces, con Ourense-, "unha voz indiscutible que creou escola xornalística, opinión e sentido crítico, achegando criterio e prestixio na súa escrita, referendada polas máximas autoridades institucionais, historiadores e investigadores da España do último medio século". Neste senso, este ano 2014 cobra especial relevancia a figura de Victoria Prego por canto foi o ano do falecemento de Adolfo Suárez e o da sucesión da Coroa de España.

O premio "Ourensanía", que concede a Deputación de Ourense, é un recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais. A entrega do galardón –que se consolida xa na súa cuarta edición- tivo lugar hoxe, 11 de novembro, Día de San Martiño, e contou cunha ampla representación de persoeiros dos ámbitos social, cultural, económico e institucional, encabezados polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañados, ademais da premiada, polo Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez; o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro; o escritor e poeta Luís González Tosar, creador do manifesto de "Afirmación da Ourensanía", e os membros do xurado. Precisamente, González Tosar dixo de Victoria Prego que foi, na etapa da Transición, "unha voz de libertade, necesaria e imprescindible, que narrou con acento ourensán un período fundamental da nosa historia".

Previamente, a premiada e as autoridades fixeron un percorrido polas rúas do casco vello da capital ourensá, dende a Deputación de Ourense ata o Teatro Principal, acompañadas pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Xa no Teatro, no decurso do acto, conducido polo xornalista Juan Maceiras, os presidentes da Xunta e da Deputación de Ourense fíxéronlle entrega a Victoria Prego do diploma acreditativo do premio e dunha figura de bronce do escultor Xosé Cid. Antes da lectura da acta do xurado, a cargo da voceira do mesmo, Eva Torres, e dos discursos da premiada e das autoridades, a cantora María do Ceo estreou o fado denominado "Ourensanía", nun acto que alcanzou a súa máxima solemnidade ao seu remate coa primeira interpretación oficial do Himno de Ourense –dende que o pasado 31 de outubro a obra de Manuel de Dios, "Ourense no Solpor" fora aprobada pola Corporación Provincial como Himno Oficial da Provincia de Ourense-, a cargo da coral Vellos Amigos, peza musical que tivo que ser repetida novamente a petición do público asistente.

Nun sentido discurso, Victoria Prego agradeceu o premio destacando que Ourense "forma partes das miñas máis fondas raíces de identidade" e ofreceu o galardón "á memoria do meu pai e do meu tío, que nunca renunciaron á súa Ourensanía nin a súa Galeguidade, como forma de ser, como recoñecemento de identidade para estar no mundo erguendo o estandarte de galegos alí onde fosen".

Victoria Prego expresou especialmente a súa gratitude polo Premio Ourensanía "porque non é excluínte, senón que une, algo hoxe en día moi valorado, pois nestes momentos enfrontámonos ao movemento de separación máis importante, que se utiliza para rexeitar a quen non é igual", e dixo que Galicia, cunha historia e cultura milenarias, "da exemplo do que significa defender o propio mantendo a universalidade, por iso Ourense é Europa e o mundo, porque a Ourensanía une, lonxe do provincianismo rancio. Esta é a Galicia á que me honro en pertencer, un mundo global, sen perder a miña identidade", rematou a xornalista.

Pola súa banda, Manuel Baltar dixo no seu discurso que a Ourensanía "non ten fronteiras, non entendemos Ourense con limitacións. O noso concepto de provincia sobresae do xeográfico e relaciónase directamente co terreo dos sentimentos", e subliñou que a Ourensanía "lévase dentro, vai de serie incorporada en calquera persoa que ame un concepto que non exclúe, participativo, enormemente creativo, traballador e coa pegada universal que nos outorga a nosa condición de pobo emigrante".

Baltar destacou na súa intervención aos ourensáns que foron quen, "co seu traballo e as súas ideas", "de constituírense en auténticos referentes con pegadas inesquecibles, dende o principio dos tempos ata este século XXI", citando a Xeración Nós, e nomes como Barreiros, Franqueira, Outeiriño ou Domínguez, entre outros, para, de seguido, falar "dos ourensáns que fan, por exemplo, o AVE na Meca, que fabrican autobuses de última xeración que circulan por Picadilly Circus ou mesmo que son propietarios de liñas aéreas".

Prego de Oliver, Parada Justel, Basilio Álvarez, Marcos Valcárcel, Los Suaves, Caneiro, Acisco, Xosé Piñeiro, A Coral de Ruada, Vázquez Gulías, a Real Banda de Gaitas ou Valente foron tamén referencia nas palabras do presidente provincial, Manuel Baltar, para citar a persoeiros e colectivos que levan a Ourensanía alí onde van co seu traballo. "Un Ourense de 92 realidades, seus 92 concellos, todos iguais de importantes e cunha rica historia e personalidades senlleiras".

"A Transición foi unha Victoria"

Baltar afirmou que dende o xurado "quixemos render tributo ao mellor expoñente da profesión xornalística e a quen está considerada unha das voces máis senlleiras da transición: Victoria Prego. E é que, permítanme que o diga así, nunca mellor dito, a Transición foi unha Victoria".

"Victoria Prego –engadiu o presidente- é un exemplo de xornalismo próximo pero reflexivo, tolerante e atractivo, ambicioso e insaciable, moderado e rigoroso, un auténtico referente social, unha protagonista en primeira liña dos cambios que se veñen producindo neste país dende a transición ata os nosos días. Coñecedora como poucos de claves que axudan a entender a realidade, practica un xornalismo leal cun proxecto colectivo que se chama España. Por todo isto, por innumerables razóns, é merecedora como quen máis deste Premio Ourensanía 2014".

Finalmente, o presidente da Xunta de Galicia destacou "a maneira que a comunicadora tivo de transmitirnos, crónica a crónica, aquela realidade que nos permitiu a todos chegar a ser un dos países máis fortes de occidente". Alberto Núñez Feijoo dixo que Victoria Prego contounos esa realidade "onde o civismo e o diálogo fixeron o mérito do autogoberno e onde xuntos fumos quen de crecer". "A cultura de Galicia ten eco en España e no mundo e quere seguir téndoo da man de profesionais como Victoria Prego –explicou Núñez Feijoo-, pois o noso galeguismo non ten fronteiras, e boa proba diso son estes galardóns da Ourensanía".

O 14º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos impulsa o emprendemento e vencella a investigación e a empresa

  • A Deputación de Ourense financia esta iniciativa que organizan Expourense e a Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense.

Ourense, 10 de novembro de 2014.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, e o subdirector de Sistemas e Infraestruturas da Escola de Enxeñería Informática do Campus de Ourense, Francisco Javier Rodríguez, presentaron hoxe no Pazo Provincial a 14ª edición do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos, un certame financiado pola Deputación de Ourense e organizado por Expourense e pola Escola Superior de Enxeñería Informática, que ten como obxectivo impulsar o emprendemento e vencellar a investigación universiataria co eido empresarial.

Nesta edición entregaranse 1.400 euros en premios aos proxectos que resulten gañadores, nun acto que terá lugar o día 2 de decembro na Escola Superior de Informática do Campus de Ourense. O prazo de recepción de candidaturas remata o 25 de novembro.

No acto de presentación, Rosendo Fernández destacou que este certame "é unha oportunidade para que os universitarios amosen o seu talento innovador e presenten os seus proxectos tecnolóxicos a unha iniciativa que ten como finalidade achegar o coñecemento da universidade e poder aplicalo no mundo empresarial", e engadiu que a Deputación de Ourense "considera unha excelente liña de colaboración esta cooperación coa Universidade de Vigo e con Expourense, por medio deste certame, que o que pretende e pór en valor a investigación e a creatividade aplicada á tecnoloxía dos nosos universitarios para que poidan ter a súa continuidade no eido empresarial, especialmente no que atinxe á informática e as telecomunicacións".

O Concurso de Proxectos Tecnolóxicos chega xa a súa décimo cuarta edición consolidado como unha gran oportunidade para os estudantes do sector de Galicia e de Portugal para dar a coñecer os seus proxectos de Fin de Carreira. As bases da convocatoria para presentar os traballos poden consultarse na páxina web www.expourense.org. En total repartiranse 1.400 euros en premios.

A finalidade do concurso é sensibilizar ás empresas dos beneficios que lles pode achegar a aplicación da investigación tecnolóxica ó seu proceso de produción axudando a facela máis competitiva. Polo tanto, teñen cabida todos aqueles traballos onde prime unha clara aplicación das súas ideas ó mundo empresarial e que estean vencelladas coa realidade e necesidades cotiás.

Aínda que cada vez son máis as empresas que contan cun departamento de I+D+i, unha boa parte das investigacións realizadas en Galicia xorden na universidade. A investigación, o desenvolvemento e a innovación convertéronse hoxe en día na mellor ferramenta para que unha empresa sexa competitiva a nivel internacional.

Bases

A 14ª edición do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos constará de dúas modalidades A e B e nelas poderán participar os alumnos das universidades da eurorexión Galicia-Norte de Portugal que estean cursando algunha das seguintes titulacións:

- Modalidade A. Títulos de Enxeñería en Informática, Enxeñería de Telecomunicación e Traballos de Fin de Máster de másteres oficiais relacionados co eido das tecnoloxías da información e as comunicacións.

- Modalidade B. Títulos de Grao en Enxeñaría Informática, Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación, Enxeñería Técnica en Informática, Enxeñería Técnica de Telecomunicación.

Neste sentido os participantes poden presentar os seus proxectos Fin de Carreira. A participación neste concurso pode ser unha boa carta de presentación á hora de incorporarse ó mundo laboral. Un dos requisitos para poder participar será ademais a creación dunha Páxina en Facebook no que se publicará toda a información textual, fotos, vídeos, etc, que se considere oportuna sobre o seu proxecto. A páxina que consiga máis "Me Gusta" obterá o premio do Público.

Os premios deste concurso serán entregados na Escola Superior de Informática da Universidade de Vigo (Edificio Politécnico-Campus de Ourense), o martes 2 de decembro de 2013. Concederanse tres premios en cadansúa categoría (A e B) cuxa contía ascende a 1.400 euros sendo os primeiros premios de 500 e 350 euros respectivamente.

Co obxectivo de facilitarlle a participación neste concurso aos alumnos das universidades da Coruña e Santiago de Compostela, a organización pon á súa disposición un bono desconto do 35% en RENFE (inclúe AVANT) que pódese descargar en www.expourense.org.

A Deputación de Ourense destina 600.000 euros a concellos para infraestruturas culturais e deportivas

  • A Xunta de Goberno aprobou hoxe a concesión de subvencións en concorrencia competitiva en materia deportiva para 64 municipios e cultural para 49.

Ourense, 7 de novembro de 2014.- A xunta de Goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar, resolveu hoxe destinar un total de 600.000 euros a concellos da provincia de Ourense para a execución de infraestruturas deportivas e culturais correspondentes ao exercicio 2014. Destas subvencións, todas en concorrencia competitiva, segundo estipula a ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Ourense, serán beneficiarios 64 concellos no que atinxe ás infraestruturas en materia deportiva e 49 municipios no que se refire ás infraestruturas culturais.

En infraestruturas deportivas outórganse un total de 299.999,88 € aos seguintes solicitantes:

1.ª) Concello do Verín, para a execución do proxecto "Pistas de pádel na zona deportiva municipal de A Granxa", 5.055,28 €.

2.ª) Concello de Punxín, para executar o proxecto "Reparacións varias de pista deportiva e parque infantil en Condes de Arriba", 6.027,45 €.

3.ª) Concello de Esgos, para a execución do proxecto "Mellora e equipamento de piscinas municipais", 2.710,64 €.

4.ª) Concello de Porqueira, para a execución do proxecto "Instalación de pista de pádel na Forxa", 5.564,24 €.

5.ª) Concello de Cortegada, para a execución do proxecto "Reforma de campo de fútbol no lugar de A Lomba", 5.758,67 €.

6.ª) Concello de Verea, para a execución do proxecto "Reparación pista polideportiva anexa ás piscinas", 5.026,68 €.

7.ª) Concello da Teixeira, para a execución do proxecto "Acondicionamento da pista polideportiva da Teixeira", 8.755,24 €.

8.ª) Concello de Beariz, para a execución do proxecto "Construción dunha sala de musculación no polideportivo municipal", 5.913,07 €.

9.ª) Concello da Veiga, para a execución do proxecto "Construción de instalacións naútico-deportivas na Veiga, Fase I", 8.246,28 €.

10.ª ) Concello de Oímbra, para a execución do proxecto "Valado con tela metálica en pista polideportiva en Casas dos Montes", 2.075,87 €.

11.ª ) Concello de Oímbra, para a execución do proxecto "Cerramento de pista polideportiva en Videferre", 1.704,15 €.

12.ª) Concello da Peroxa, para a execución do proxecto "Infraestrutura deportiva Anxo Munín", 1.789,93 €.

13.ª) Concello de Castrelo de Miño, para a execución do proxecto "Mellora das infraestruturas deportivas no pavillón de Astariz", 5.255,43 €.

14.ª) Concello de Amoeiro, para a execución do proxecto "Construción de pista de pádel na Rúa Bazacos", 4.889,44 €.

15.ª) Concello de Baltar, para a execución do proxecto "Instalación para mellora da piscina municipal", 5.604,27 €.

16.ª) Concello da Rúa de Valdeorras, para a execución do proxecto "Acondicionamento de pistas de tenis en O Aguillón", 1.698,44 €.

17.ª) Concello da Rúa de Valdeorras, para a execución do proxecto "Cerramento en bancadas campo de fútbol O Aguillón", 1.017,92 €..

18.ª) Concello da Merca, para a execución do proxecto "Equipamento e reformas no pavillón municipal e ximnasio", 1.829,96 €.

19.ª) Concello de Maceda, para a execución do proxecto "Campo de fútbol de céspede artificial", 29.359,50 €.

20.ª) Concello de Baños de Molgas, para a execución do proxecto "Reparación e equipamento do Pavillón polideportivo", 5.192,53 €.

21.ª) Concello de Bande, para a execución do proxecto "Creación, reparación e equipamento de infraestruturas deportivas", 5.101,03 €.

22.ª) Concello de Cualedro, para a execución do proxecto "Adecuación da Ruta do Larouco", 1.984,37 €.

23.ª) Concello de Parada de Sil, para a execución do proxecto "Dotación de gradas ó campo de fútbol e acondicionamento do entorno", 7.062,52 €.

24.ª) Concello de Muíños, para a execución do proxecto "Reforma, reparación ou acondicionamento de varias infraestruturas deportivas", 2.876,48 €.

25.ª) Concello de Quintela de Leirado, para a execución do proxecto "Revestimento de solo en pista deportiva no núcleo de Leirado", 4.105,98 €.

26.ª) Concello de Pereiro de Aguiar, para a execución do proxecto "Substitución de lucernario central e canalón no pavillón municipal ", 2.087,30 €.

27.ª) Concello de A Bola, para a execución do proxecto "Acondicionamento e reforma de instalación deportiva no núcleo de A Bola", 5.575,67 €.

28.ª) Concello de Laza, para a execución do proxecto "Reparación da cuberta do pavillón polideportivo de Laza", 3.882,96 €.

29.ª) Concello de Toén, para a execución do proxecto "Realización de pista polideportiva en Mugares", 6.570,72 €.

30.ª) Concello de Larouco, para a execución do proxecto "Peche de pista polideportiva en Freixido", 8.040,41 €.

31.ª) Concello de Nogueira de Ramuín, para a execución do proxecto "Equipamento pavillón polideportivo de Nogueira de Ramuín", 3.242,47 €.

32.ª) Concello de Leiro, para a execución do proxecto "Melloras acceso e cuberta vestiarios campo de fútbol", 5.203,96 €.

33.ª) Concello de Rairiz de Veiga, para a execución do proxecto "Instalación de pista multideportiva ao aire libre", 5.169,65 €.

34.ª) Concello de Calvos de Randín, para a execución do proxecto "Acondicionamento do campo de fútbol e cuberta de gradas", 3.419,75 €.

35.ª) Concello de Celanova, para a execución do proxecto "Reparación polideportivo As Trigueirizas", 2.807,85 €.

36.ª) Concello de A Mezquita, para a execución do proxecto "Reparación de pavillón municipal", 4.231,79 €.

37.ª) Concello de Riós, para a execución do proxecto "Acondicionamento das instalacións das piscinas municipais de Riós", 2.207,40 €.

38.ª) Concello de Rubiá, para a execución do proxecto "Acondicionamento de aseos no polideportivo de Rubiá", 2.567,67 €.

39.ª) Concello de Vilamartín de Valdeorras, para a execución do proxecto "Substitución de canalóns e baixantes no pavillón polideportivo de O Bañadoiro", 2.035,84 €.

40.ª) Concello de Paderne de Allariz, para a execución do proxecto "Instalación de persianas metálicas e outro equipamento no pavillón polideportivo de Rioseco", 2.052,99 €.

41.ª) Concello de Avión, para a execución do proxecto "Material deportivo para o servizo municipal de deportes de Avión", 1.515,44 €.

42.ª) Concello de Vilamarín, para a execución do proxecto "Reforma e reparación das piscinas municipais do concello de Vilamarín", 4.855,13 €.

43.ª) Concello de Viana do Bolo, para a execución do proxecto "Construción de campo de fútbol de herba artificial", 5.421,27 €.

44.ª) Concello de Castrelo do Val, para a execución do proxecto "Mellora das instalacións do pavillón deportivo", 4.975,22 €.

45.ª) Concello de San Cristovo de Cea, para a execución do proxecto "Reparación e impermeabilización da cuberta do pavillón polideportivo municipal", 3.722,83 €.

46.ª) Concello de Padrenda, para a execución do proxecto "Acondicionamento e mellora do complexo deportivo de Padrenda", 4.889,44 €.

47.ª) Concello de Carballeda de Valdeorras, para a execución do proxecto "Renovación de pavimento en zona de baño das piscinas municipais de Sobradelo", 5.215,40 €.

48.ª) Concello de Lobios, para a execución do proxecto "Ampliación de vestiarios para campo de fútbol", 4.391,92 €.

49.ª) Concello de Beade, para a execución do proxecto "Mellora de polideportivo existente en Beade", 8.738,07 €.

50.ª) Concello de Arnoia, para a execución do proxecto "Rehabilitación complexo deportivo", 5.072,43 €.

51.ª) Concello de A Pobra de Trives, para a execución do proxecto "Posta en valor zona recreativa de San Bartolomé", 5.604,27 €.

52.ª) Concello de Ribadavia, para a execución do proxecto "Equipamento para polideportivo municipal", 4.386,20 €.

53.ª) Concello de Manzaneda, para a execución do proxecto "Subministración e instalación de pavimento deportivo", 5.581,39 €.

54.ª) Concello de Vilariño de Conso, para a execución do proxecto "Reparación de instalación deportiva: pista de tenis", 6.124,66 €.

55.ª) Concello de Carballeda de Avia, para a execución do proxecto "Infraestruturas deportivas", 2.487,61 €.

56.ª) Concello de Petín, para a execución do proxecto "Peche de pista de tenis en Petín", 4.449,10 €.

57.ª) Concello de Chandrexa de Queixa, para a execución do proxecto "Reforma da piscina e adecuación dos vestiarios", 8.097,59 €.

58.ª) Concello de Xinzo de Limia, para a execución do proxecto "Instalación de iluminación no campo de fútbol José Antonio Carrera e melloras na piscina municipal", 4.094,55 €.

59.ª) Concello de San Cibrao das Viñas, para a execución do proxecto "Reforma e reparación de infraestruturas municipais destinadas a uso deportivo", 1.646,97 €.

60.ª) Concello de Xunqueira de Ambía, para a execución do proxecto "Construción da primeira fase baixo gradas dos vestiarios do campo de fútbol", 2.985,13 €.

61.ª) Concello de A Gudiña, para a execución do proxecto "Mellora e acondicionamento do pavillón polideportivo municipal", 3.328,25 €.

62.ª) Concello de Castro Caldelas, para a execución do proxecto "Limpeza e sinalización de ruta de sendeirismo circular en castro Caldelas", 2.218,83 €.

63.ª) Concello de Melón, para a execución do proxecto "Reparación e equipamento para o pavillón de Quins", 2.390,39 €.

64.ª) Concello de Vilar de Santos, para a execución do proxecto "Reparación e mellora do sistema de depuración da piscina municipal" 4.105,98 €.

En infraestruturas culturais outórganse un total de 299.999,99 € aos seguintes solicitantes:

1.ª) Concello do Barco de Valdeorras, para a execución do proxecto "Investimento en infraestruturas culturais" 4.202,32 €.

2.ª) Concello de Esgos, para a execución do proxecto "Equipamento Centro Cultural Parada Justel" 3.050,15 €.

3.ª) Concello de Sarreaus, para a execución do proxecto "Mellora e acondicionamento do salón de actos do concello" 3.212,70 €.

4.ª) Concello de Avión, para a execución do proxecto "Equipamento audiovisual para o salón de actos do Centro Multifuncional de Avión" 1.917,10 €.

5.ª) Concello de Ramirás, para a execución do proxecto "Equipamento informático para o Centro cultural do Picouto " 2.108,33 €.

6.ª) Concello de Chandrexa de Queixa, para a execución do proxecto "Local sociocultural en Celeiros", 14.567,10 €

7.ª) Concello de Barbadás, para a execución do proxecto "Remodelación da sala de exposicións da casa da cultura do concello de Barbadás " 2.376,06 €.

8.ª) Concello de Porqueira, para a execución do proxecto "Mellora das instalación e adquisición de equipamento da sala de cultura e teatro" 9.169,57 €.

9.ª) Concello de Cualedro, para a execución do proxecto "Restauración de muíño tradicional para centro de interpretación local" 5.301,91 €.

10.ª) Concello de Verea, para a execución do proxecto "Dotación de equipamento á casa da cultura e accesibilidade" 3.026,25 €.

11.ª) Concello da Teixeira, para a execución do proxecto "Dotación de local social en Nogueira-Boazo" 10.006,21 €.

12.ª) Concello de Beariz, para a execución do proxecto "Reforma salón de actos" 12.654,78 €.

13.ª) Concello de Vilariño de Conso, para executar o proxecto "Renovación de equipos informáticos da biblioteca municipal" 4.015,87 €.

14.ª) Concello da Veiga, para a execución do proxecto "Rehabilitación de antiga casa escola para aula cultural no Toural" 20.495,29 €.

15.ª) Concello de Oímbra, para a execución do proxecto "Limpeza e revestimento da fachada do centro social de A Granxa" 2.170,48 €.

16.ª) Concello de Rubiá, para a execución do proxecto "Acondicionamento do local socio-cultural de Sobredo 2.333,03 €.

17.ª) Concello da Peroxa, para a execución do proxecto "Adaptación de baixo para auditorio e aula da terceira idade" 24.860,16 €.

18.ª) Concello de Castrelo de Miño, para a execución do proxecto "Reforma da planta alta do centro médico de Prado de Miño como centro cultural veciñal" 9.116,99 €.

19.ª) Concello de Amoeiro, para a execución do proxecto "Instalación de alumeado escénico e de equipos de son e videoproxección na casa da cultura" 8.189,51 €.

20.ª) Concello de Cartelle, para a execución do proxecto "Equipo de son e iluminación para o auditorio municipal" 1.658,94 €.

21.ª) Concello da Rúa de Valdeorras, para a execución do proxecto "Infraestruturas culturais" 7.219,01 €

22.ª) Concello da Merca, para a execución do proxecto "Equipamento para aula multimedia" 1.807,14 €.

23.ª) Concello de Baños de Molgas, para a execución do proxecto "Reparación e equipamento de local cultural de uso público" 12.057,18 €.

24.ª) Concello de Bande, para a execución do proxecto "Equipamento e mellora das instalacións do salón de actos de Bande" 5.407,08 €.

25.ª) Concello de Muíños, para a execución do proxecto "Acondicionamento arquitectónico e equipamento da sala de exposicións etnográfica de Muíños" 4.393,56 €.

26.ª) Concello de Muíños, para a execución do proxecto "Equipamento complementario para o centro de interpretación da auga" 4.383,99 €.

27.ª) Concello de Verín, para a execución do proxecto "Reforma e reparación da carpintería exterior da biblioteca pública municipal" 1.826,27 €.

28.ª) Concello de Verín, para a execución do proxecto "Ampliación de edificio cultural para aseo" 1.601,57 €.

29.ª) Concello de Pereiro de Aguiar, para a execución do proxecto "Substitución de carpintería exterior na biblioteca municipal" 1.367,31 €.

30.ª) Concello de Gomesende, para a execución do proxecto "Adecuación de locais socio-culturais en Gomesende" 8.490,70 €.

31.ª) Concello de Laza, para a execución do proxecto "Equipamento de salón cultural municipal" 4.689,96 €.

32.ª) Concello de Laza, para a execución do proxecto "Adecuación e Equipamento da zona común destinada a xuntanza e transmisión da cultura popular Os Carrilanos" 4.154,52 €.

33.ª) Concello de Ribadavia, para a execución do proxecto "Mellora e acondicionamento do auditorio do Castelo dos Sarmiento" 8.117,80 €.

34.ª) Concello de San Cristovo de Cea, para a execución do proxecto "Reparación e impermeabilización da cuberta do edificio multiusos municipal" 4.374,43 €

35.ª) Concello de Toén, para a execución do proxecto "Reforma da instalación eléctrica de BT na biblioteca municipal -antiga casa do concello-" 1.931,44 €.

36.ª) Concello de Castrelo do Val, para a execución do proxecto "Acondicionamento da sala de exposicións" 2.605,54 €.

37.ª) Concello de Arnoia, para a execución do proxecto "Acondicionamento aula cultural" 3.805,52 €.

38.ª) Concello de Rairiz de Veiga, para a execución do proxecto "Rehabilitación de vivenda para museo de Rairiz de Veiga" 12.224,51 €.

39.ª) Concello de Castro Caldelas, para a execución do proxecto "Creación do museo do Irrio Peliqueiro e dos fachós no espazo do castelo de Castro Caldelas" 11.846,82 €.

40.ª) Concello de A Gudiña, para a execución do proxecto "Reparación, mellora e equipamento da biblioteca municipal e edificio multiusos" 6.573,60 €.

41.ª) Concello de Maceda, para a execución do proxecto "Insonorización aula multiusos" 3.561,70 €.

42.ª)Concello de Maceda, para a execución do proxecto "Adecuación de local na casa do concello para actos culturais" 8.672,37 €.

43.ª) Concello de Melón, para a execución do proxecto "reforma e reparación de infraestruturas culturais de uso público" 4.546,54 €.

44.ª) Concello de O Carballiño, para a execución do proxecto "Mellora e acondicionamento do auditorio municipal" 6.779,17 €.

45.ª) Concello de Xunqueira de Ambía, para a execución do proxecto "Equipamento, acondicionamento e mellora dos locais culturais do concello" 2.074,87 €.

46.ª) Concello de O Irixo, para a execución do proxecto "Recuperación de formo público en Casar de Cangues" 3.891,57 €.

47.ª) Concello de Xinzo de Limia, para a execución do proxecto "Ampliación e mellora da sala de exposicións e hall da casa da cultura e xuventude" 11.139,26 €.

48.ª) Concello de Lobios, para executar o proxecto "Acondicionamento térmico e equipamento do edificio multiusos" 3.528,23 €.

49.ª) Concello de Carballeda de Avia, para a execución do proxecto "Infraestruturas culturais" 2.495,58 €.

A Deputación de Ourense promove a figura de Carlos Casares

Ourense, 7 de novembro de 2014.- A Deputación de Ourense levará a cabo acción de apoio institucional e culturais para difundir e promover a figura do escritor e intelectual ourensán Carlos Casares. Así llo confirmou hoxe o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, ao presidente da Fundación Carlos Casares, Javier Casares Mouriño, e aos membros desta entidade Hakan Casares –fillo do escritor- e Gustavo Garrido, quen participaron na xuntanza que tivo lugar no Pazo Provincial.

En concreto, Baltar afirmou que a Deputación de Ourense "ofrecerá a súa máxima implicación co Padroado da Fundación Carlos Casares para colaborar na realización dos obxectivos da mesma", e, neste senso, acordouse que en próximas datas ámbalas dúas institucións asinarán un convenio de colaboración para establecer as liñas concretas de cooperación. Unha delas será, adiantaron, a realización da primeira exposición que amosará a novidosa faceta do "Carlos Casares fotógrafo", un perfil do escritor até o de agora descoñecido e que no vindeiro ano 2015 poderá verse por primeira vez en Ourense para que o público descubra a creatividade de Casares a través da imaxe fotográfica.