RETRIBUCI脫NS E INDEMNIZACI脫NS DOS MEMBROS DA CORPORACION

Sin谩lanse as seguintes indemnizaci贸ns e compensaci贸ns para os membros corporativos, de conformidade co disposto no artigo 75 da Lei 7/1985, reguladora das bases de r茅xime local, e no artigo 13 do Regulamento de organizaci贸n, funcionamento e r茅xime xur铆dico das entidades locais, de 28 de novembro de 1986.

a) Asistencias: Considerando que non se retrib煤e, ag谩s nos casos de dedicaci贸n exclusiva ou parcial, a actividade ou dedicaci贸n dos membros corporativos, necesaria para o desempe帽o do seu cometido, reg煤lase o r茅xime de asistencias na seguinte forma e cont铆a:

  • Por cada asistencia a sesi贸n do Pleno, 280,00 euros, cun m谩ximo dunha percepci贸n por mes. 
  • Por cada asistencia a 贸rganos colexiados diferentes do Pleno, 140,00 euros. 
  • Por cada asistencia 谩 reuni贸n previa 谩s comisi贸ns informativas, que celebre cada grupo pol铆tico, cun m谩ximo de unha percepci贸n 贸 mes, 140,00 euros.

b) Axudas de custo: Por asistir a actos de xesti贸n ou representaci贸n provincial, aboaranse os gastos xustificados e no seu defecto, conforme a lo exposto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizaci贸n por razon do servizo:

GRUPOS

Por aloxamento

Por manutenci贸n

Dieta Enteira

Grupo I

92,31 鈧

48,01 鈧

140,31 鈧

Grupo II

59,38 鈧

33,66 鈧

93,04 鈧

Grupo III

44,03 鈧

25,39 鈧

69,42 鈧

c) Asignaci贸ns 贸s grupos pol铆ticos na corporaci贸n: De conformidade co disposto no artigo 73.3 da Lei 7/1985, reguladora das bases do r茅xime local, aboar谩selle a cada grupo pol铆tico con representaci贸n na Corporaci贸n Provincial as seguintes asignaci贸ns:

  • Compo帽ente fixo: 900,00 鈧 mensuais a cada grupo. 
  • Compo帽ente variable: 900,00 鈧 mensuais por cada deputado.

Os grupos pol铆ticos ter谩n dereito ao uso dun local no Pazo Provincial, dotado de mobiliario e enerx铆a el茅ctrica. Os restantes gastos de funcionamento, tales como material de oficina e gastos de tel茅fono e de correspondencia, ser谩n de conta de cada grupo. No caso dos gastos telef贸nicos e de conexi贸n a Internet, de ser estes soportados pola Deputaci贸n, deducirase a s煤a cont铆a nas liquidaci贸n mensuais da subvenci贸n ao grupo.

Os grupos pol铆ticos non poden destinar as subvenci贸ns que perciban a aboar remuneraci贸ns do persoal que preste servizos na Corporaci贸n, nin 谩 adquisici贸n de bens que poidan constitu铆r activos fixos patrimoniais. Os grupos deber谩n levar unha contabilidade espec铆fica na que figuren as subvenci贸ns percibidas e os gastos 谩s que estas se destinen, contabilidade que estar谩 a disposici贸n do Pleno da Corporaci贸n cando este a solicite鈥.

d) A Deputaci贸n Provincial por谩 a disposici贸n dos grupos pol铆ticos medios persoais para a realizaci贸n de funci贸ns de apoio, de confianza pol铆tica e asesoramento especial, de conformidade coas seguintes regras:

  • A Deputaci贸n Provincial proceder谩 谩 designaci贸n do dito persoal en r茅xime de persoal eventual, conforme co disposto no artigo 104 da Lei de bases de r茅xime local. O nomeamento ser谩 efectuado pola Presidencia a proposta dos grupos pol铆ticos, subscrito polo portavoz de cada grupo. A dita proposta ter谩 car谩cter vinculante para a Presidencia, excepto no suposto en que recaia nunha persoa na que concorra calquera causa legal que impida o seu nomeamento.
  • O cese dos funcionarios eventuais ser谩 autom谩tico coa conclusi贸n do mandato. As铆 mesmo a Presidencia poder谩 acorda-lo seu cese en calquera momento previa proposta do grupo pol铆tico correspondente, que ter谩 car谩cter vinculante. 
  • Os postos de persoal eventual 贸 servizo dos grupos pol铆ticos recolleranse na Relaci贸n de Postos de Traballo e no Anexo de Persoal dos Orzamentos, coas caracter铆sticas seguintes: 

Os postos de t茅cnico medio se asimilar谩n ao subgrupo A2, con nivel 26 de complemento de destino e un complemento espec铆fico de 14.396,48 鈧 anuais.

Os postos de administrativo se asimilar谩n ao subgrupo C2, con nivel 19 de complemento de destino e un complemento espec铆fico de 12.033,14 鈧 anuais.

O Grupo Popular dispor谩 de tres t茅cnicos medios e catro administrativos.

O Grupo Socialista dispor谩 de dous t茅cnicos medios e dos administrativos.

O Grupo de Democracia Orensana dispor谩 de dous t茅cnicos medios.

O Grupo do BNG dispor谩 dun t茅cnico medio e un administrativo.

Non obstante o anterior, un dos postos de t茅cnico medio ao servizo do Grupo Socialista ter谩 a consideraci贸n de persoal laboral fixo, podendo seguir sendo desempe帽ado polo persoal laboral indefinido existente ou, de se 鈥搇o caso, polo persoal laboral interino que o substit煤a, ata tanto se regularice a situaci贸n deste posto de conformidade coa lexislaci贸n vixente鈥.

e) Dedicaci贸ns exclusivas: desempe帽aranse en r茅xime de dedicaci贸n exclusiva os seguintes cargos da Corporaci贸n:

e.1) A Presidencia da Deputaci贸n Provincial, con retribuci贸n 铆ntegra mensual de 5.166,09 鈧 en 14 pagas.

e.2) A Vicepresidencia 2陋 da Deputaci贸n Provincial, con retribuci贸n 铆ntegra mensual equivalente 谩 dun director xeral da Comunidade Aut贸noma.

e.3) A Presidencia do INORDE, con retribuci贸n 铆ntegra mensual de 3.916,92 euros. As retribuci贸ns correspondentes aos cargos sinalados nos apartados e.1), e.2) e e.3) ser谩n en todo caso renunciables por parte dos seus titulares, sen prexu铆zo do cal manterase o dito r茅xime de dedicaci贸n exclusiva. Os cargos en r茅xime de dedicaci贸n exclusiva que non perciban retribuci贸ns neste concepto ter谩n dereito ao cobro das axudas de custo e indemnizaci贸ns por asistencia aos 贸rganos colexiados da entidade 谩 que, en cada caso, presente servizo.

e.4) Poder谩n exercerse en r茅xime de dedicaci贸n exclusiva ou parcial, nos termos previstos na presente base, os cargos de portavoz e/ou coordinador dos grupos pol铆ticos. Para estes efectos, e dentro dos l铆mites m谩ximos sinalados nesta base, os grupos pol铆ticos, mediante escrito asinado polo seu portavoz titular, determinar谩n os cargos con dereito a retribuci贸n e nomear谩n 谩s persoas que os desempe帽ar谩n. Para a s煤a eficacia, os acordos dos grupos deber谩n ser ratificados por resoluci贸n da Presidencia, que unicamente poder谩 denegar a ratificaci贸n no caso de que o acordo do grupo pol铆tico infrinxa as presentes bases ou non se axuste a Dereito. A resoluci贸n da Presidencia deber谩 ditarse e notificarse ao grupo no prazo m谩ximo dun d铆a h谩bil dende que o escrito do grupo tivese entrada no rexistro xeral da Deputaci贸n, entend茅ndose outorgada por silencio administrativo en caso contrario, conforme 谩s normas xerais en materia de procedemento.

Os grupos pol铆ticos definir谩n de xeito discrecional os cargos con r茅xime de dedicaci贸n exclusiva ou parcial, podendo asignala tanto ao portavoz titular como aos seus suplentes ou adxuntos, e tanto aos cargos con funci贸ns de coordinaci贸n xeral como a cargos de apoio ao coordinador xeral ou de coordinaci贸n en materias ou asuntos concretos. Os l铆mites aplicables son os seguintes:

  • Grupo Popular: 2 dedicaci贸ns exclusivas e 2 dedicaci贸ns parciais ao 75 %. 
  • Grupo Socialista: 1 dedicaci贸n exclusiva e 2 dedicaci贸ns parciais ao 75 %. 
  • Non existir谩n cargos con dedicaci贸n nos Grupos de Democracia Orensana e do BNG. Cada cargo en r茅xime de dedicaci贸n exclusiva ter谩 unha retribuci贸n de 41.000 euros brutos anuais. Os cargos en r茅xime de dedicaci贸n parcial ter谩n a retribuci贸n que proporcionalmente lles corresponda.

 f) Retenci贸ns polo I.R.P.F.: A retenci贸n a practicar polo I.R.P.F. por asistencias a 贸rganos colexiados, ser谩 o resultado de aplicar 谩s retribuci贸ns percibidas o tipo fixado na t谩boa xeral, tendo en conta a situaci贸n familiar existente o primeiro d铆a do per铆odo impositivo, porcentaxe que non poder谩 ser inferior 贸 15 por cento. Calc煤lase a cont铆a das devanditas retribuci贸ns elevando 贸 ano a percibida o primeiro mes do ano natural, cantidade que se presume non inferior 谩 percibida polo mesmo concepto durante o ano anterior.