FormaciónA Deputación de Ourense concibe a formación profesional dos empregados públicos locais como un intrumento estratéxico clave e imprescindible para a modernización da Administración local da provincia.

Tendo en conta a importancia que en calquera proceso de cambio nas administracións públicas xoga o capital humano, esta Deputación Provincial leva a cabo anualmente programas de formación continua, en colaboración con outras entidades e institucións de ámbito estatal e autonómico, destinando en xeral as actividades de tódolos plans formativos aos traballadores da Administración local de Ourense.

Con esta actuación, a nosa institución tenta abordar os procesos de formación do persoal das entidades locais do seu ámbito territorial, para continuar consolidándose co seu labor como unha entidade prestadora de servizos ós concellos e ás mancomunidades da provincia de Ourense.

 

SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS, FORMACIÓN E RÉXIME INTERIOR

SECCIÓN DE FORMACIÓN, CALIDADE E AVALIACIÓN DO DESEMPEÑO

  Centro Cultural  Marcos Valcárcel  •  Rúa do Progreso 30, 2º andar  •  32003 Ourense

  Teléfono: 988 317 580  •  Fax: 988 317 582

   This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

 

  DPOU.FORMACION
  @DPOU_FORMACION