Novo éxito da carpa Ourense Composta hoxe en Xinzo de Limia

Ao longo de toda a xornada, medio centenar de veciños de Xinzo de Limia, e tamén de concellos coma Sandiás interesáronse e inscribíronse na campaña de compostaxe doméstica promovida pola Deputación de Ourense e SOGAMA.

Xinzo de Limia, 27 de xaneiro de 2016

Hoxe mercores 27 de xaneiro, a xornada informativa da campaña Ourense Composta visitou a localidade de Xinzo de Limia, coincidindo coa celebración do mercado da vila, co obxectivo de acadar a implicación dos veciños para a xornada formativa que terá lugar nos vindeiros días arredor da compostaxe doméstica.

Leer más...

Ribadavia acollerá mañá a carpa divulgativa da campaña de compostaxe doméstica da Deputación de Ourense

A campaña “Ourense Composta”, que ten por obxectivo implicar á poboación na compostaxe doméstica, continuará a súa actividade mañá luns 25 no concello de Ribadavia. Instalarase unha carpa informativa na entrada da Praza Maior a fin de que todos os interesados poidan saber en qué consistirá dita Campaña e inscribirse para participar na mesma.

Ourense, 24 de xaneiro de 2016

Mañá luns 25 de xaneiro, o concello de Ribadavia acollerá a terceira das xornadas informativas de Ourense Composta, unha campaña de promoción e sensibilización na compostaxe doméstica promovida pola Deputación de Ourense e coa colaboración de Sogama, que buscará por obxectivo acadar o interese dos veciños de 50 concellos para que composten os seus residuos orgánicos, de modo que permita obter conclusións sobre a redución da materia orgánica na bolsa de lixo.

Leer más...

Xinzo de Limia acollerá mañá a carpa divulgativa da campaña de compostaxe doméstica da Deputación de Ourense

A campaña “Ourense Composta”, que ten por obxectivo implicar á poboación na compostaxe doméstica, continuará a súa actividade mañá mércores 27 no concello de Xinzo de Limia. Instalarase unha carpa informativa na Praza Maior a fin de que todos os interesados poidan saber en qué consistirá dita Campaña e inscribirse para participar na mesma.

Ourense, 24 de xaneiro de 2016

Mañá mércores 27 de xaneiro, o concello de Xinzo de Limia acollerá a cuarta das xornadas informativas de Ourense Composta, unha campaña de promoción e sensibilización na compostaxe doméstica promovida pola Deputación de Ourense e coa colaboración de Sogama, que buscará por obxectivo acadar o interese dos veciños de 50 concellos para que composten os seus residuos orgánicos, de modo que permita obter conclusións sobre a redución da materia orgánica na bolsa de lixo.

Leer más...

A carpa de Ourense Composta visita San Cibrao das Viñas

Os veciños de San Cibrao das Viñas e Pereiro de Aguiar inscribíronse na campaña promovida pola Deputación de Ourense e SOGAMA.

San Cibrao das Viñas, 22 de xaneiro de 2016

Hoxe venres 22 de xaneiro, a xornada informativa da campaña Ourense Composta visitou a localidade de San Cibrao das Viñas co obxectivo de acadar a implicación dos veciños para a xornada formativa que terá lugar nos vindeiros días arredor da compostaxe doméstica.

A carpa informativa da campaña, que estivo ubicada de 10:00 a 18:00 horas na explanada do concello, contou coa presencia de diversos veciños que se anotaron interesadas en participar nunha campaña que ten por obxectivo achegar as claves da compostaxe doméstica a partir de residuos orgánicos. Deste xeito, todos os inscritos quedaron citados para a xornada formativa que terá lugar o xoves 11 de febreiro a partir das 16:30 horas na Biblioteca Pública de San Cibrao das Viñas.

Leer más...

A Deputación de Ourense continúa cos actos de divulgación da campaña de compostaxe doméstica no concello de San Cibrao das Viñas

A campaña “Ourense Composta”, que ten por obxectivo implicar á poboación na compostaxe doméstica, continuará a súa actividade o vindeiro venres 22 en San Cibrao das Viñas. Instalarase unha carpa informativa na na explanada do Concello a fin de que todos os interesados poidan saber en qué consistirá dita Campaña e inscribirse para participar na mesma.

Ourense, 20 de xaneiro de 2016

Este venres 22 de xaneiro, o concello de San Cibrao das Viñas acollerá a segunda das xornadas informativas de Ourense Composta, unha campaña de promoción e sensibilización na compostaxe doméstica promovida pola Deputación de Ourense e coa colaboración de Sogama, que buscará por obxectivo acadar o interese dos veciños de 50 concellos para que composten os seus residuos orgánicos, de modo que permita obter conclusións sobre a redución da materia orgánica na bolsa de lixo.

Leer más...