O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" celebra o Día Internacional dos Museos cun obradoiro onde cada asistente poderá crear a súa obra de arte

O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense conmemorará o Día Internacional dos Museos este domingo, 18 de maio, cun obradoiro de creación plástica dirixido polo artista Xosé Poldras e no que cada asistente poderá crear a súa propia obra de arte. O obradoiro, que leva como título o de "Debuxos na area", consistirá nun traballo de composición con material de refugallo que se entregará aos asistentes. Este material non se poderá romper nin pegar dado que terá que ser devolto e a obra resultante debe incluir algún texto. Á composición será fotografada e esa fotografía en branco e negro será o resultado final. Logo devólvese o material e pasa coma nos debuxos na area, que son efímeros e unicamente unha fotografía da constancia deles.

O obxectivo é o de achegar a sociedade aos recintos culturais, fomentar a interactividad entre creadores e cidadanía e defender a idea de que os recintos culturais son institucións claramente ao servizo da sociedade, que son tamén os obxectivos que persigue a celebración do Día Internacional dos Museos. Esta actividade, promovida pola Deputación de Ourense, é totalmente gratuita e desenvolverase o domingo, entre as 18:00 e as 21:00 horas.

Máis información: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. – Tel.: 988 385209