O ex presidente de Ecuador, Gustavo Noboa, visita a Deputaci贸n de Ourense

  • Mantivo un encontro con Manuel Baltar e inaugurou o Libro de Honra da instituci贸n provincial.

O ex presidente de Ecuador, Gustavo Noboa Bejarano, visitou hoxe a Deputaci贸n de Ourense, onde foi recibido polo seu titular, Manuel Baltar, unha xuntanza que se enmarca na rolda de visitas que est谩 a realizar o ex mandatario ecuatoriano a Galicia e sinaladamente 谩 provincia de Ourense, de onde 茅 orixinaria a s煤a familia, concretamente de Maceda.

Durante a xuntanza que tivo lugar no Pazo Provincial, Noboa e Baltar analizaron temas de xesti贸n da administraci贸n e concretamente dos diferentes modelos de administraci贸n local que se empregan na xesti贸n de servizos en Ecuador e Espa帽a, un tema que, segundo explicou Manuel Baltar "est谩 de m谩xima actualidade nestes momentos" por mor da reforma da lei de Administraci贸n Local que est谩 a levar a cabo o Goberno espa帽ol.

Como remate da reuni贸n Baltar convidou a Gustavo Noboa a inaugurar o Libro de Honra da Deputaci贸n de Ourense, no cal o ex presidente ecuatoriano expresou a s煤a gratitude sinalando: "Gran honor es para m铆 agradecer con esta firma, y m谩s a煤n por pertenecer como Noboa a una parte de mi sangre gallega. Honor que transmitir茅 a mis hijos y nietos. Con gran afecto".

Gustavo Noboa Bejarano naceu en Guayaquil o 21 de agosto de 1937. Foi presidente de Ecuador entre os anos 2000 e 2003. 脡 doutor en Dereito pola Universidade de Guayaquil e licenciado en Ciencias Pol铆ticas e Sociais. Foi reitor da Universidade Cat贸lica de Guayaquil e profesor universitario.

Na s煤a etapa como presidente destacou por haber renegociado a d茅beda externa do pa铆s e por iniciar a recuperaci贸n econ贸mica trala dif铆cil crise financeira que tivo que afrontar, logo da cal, a inflaci贸n en Ecuador reduciuse significativamente debido a s煤a xesti贸n econ贸mica.

Trala visita 谩 Deputaci贸n de Ourense, Gustavo Noboa trasladouse a Maceda, vila de onde 茅 orixinaria a s煤a familia, para manter un encontro co alcalde, Xabier Oviedo, e coa corporaci贸n municipal.