Comeza a campa帽a de Compostaxe dom茅stica, promovida pola Deputaci贸n de Ourense e Sogama

  • Dende ma帽谩 m茅rcores e ata o 24 de xullo realizaranse os cursos de formaci贸n aos participantes e entregar谩selles o material necesario para realizar o proceso.

A Campa帽a de Compostaxe Dom茅stica 2013, promovida pola Deputaci贸n de Ourense e Sogama, inicia a s煤a segunda fase de desenvolvemento. Despois de ter formado a un mestre composteiro en cada concello participante, agora 茅 a quenda de realizar as xornadas de formaci贸n aos participantes, que ser谩n realizadas pola empresa Todoverde, adxudicataria para levar a cabo esta campa帽a 2013.

Nas xornadas cada participante levarase ao seu fogar un composteiro, un aireador e un term贸metro para poder controlar en todo momento se o proceso se est谩 levando a cabo correctamente. Con posterioridade, os t茅cnicos realizar谩n tres visitas de seguimento para comprobar in situ o desenvolvemento do proceso e, de selo caso, poder corrixir os problemas xurdidos durante a etapa de compostaxe.

Aquelas persoas que queiran apuntarse nos concellos que participan este ano no programa de compostaxe poden facelo, tendo que cumprir como requisito ser habitante dalg煤n destes municipios e dispo帽er dun xard铆n ou horta para colocar o composteiro e desenvolver a tarefa.

A data, hora e lugar das charlas de formaci贸n son as seguintes:

鈥 O Carballi帽o: 10 de xullo, 谩s 20:00 h., na Casa da Cultura.

鈥 Punx铆n: 11 de xullo, 谩s 17:00 h., no grupo escolar.

鈥 A R煤a: 15 de xullo, 谩s 17:30 h., na Casa do Concello.

鈥 Rairiz de Veiga: 16 de xullo, 谩s 18:00 h., na Casa do Concello.

鈥 Viana do Bolo: 17 de xullo, 谩s 17:00 h., na Casa da Cultura.

鈥 A Veiga: 18 de xullo, 谩s 19:00 h., na Casa do Concello.

鈥 Rubi谩: 22 de xullo, 谩s 19:00 h., na Casa da Cultura.

鈥 Ribadavia: 23 de xullo (a铆nda por concretar hora e lugar).

鈥 Castrelo de Mi帽o: 24 de xullo, 谩s 18:00 h., no Club N谩utico.