Baltar recibe ao Cidade das Burgas polo seu ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino nacional

Ourense, 10 de xuño de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ás xogadores, corpo técnico e directivos do equipo "Cidade das Burgas", que vén de acadar o ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino nacional. O presidente do goberno provincial felicitou ao Cidade das Burgas "por ser o equipo ourensán na elite deportiva", salientado "o gran traballo desenvolvido tanto no ámbito deportivo como de xestión e organización, avalado polos excelente resultados".

Na recepción, os integrantes do equipo e da directiva explicaron ao presidente Baltar o labor que levan a cabo coa canteira e na formación, desde que as xogadoras comezan a súa andaina no club, en moitos casos desde idade infantil, tendo como obxectivo que as xogadoras que destacan poidan continuar formando parte da plantilla do club, "sempre co orgullo de ser un club ourensán", salientou o presidente do Cidade, Camilo Saeta.

O Cidade das Burgas, cuxa primeira plantilla está integrada por trece xogadoras, acadou esta fin de semana novamente o ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino nacional gañando a La Concordia por un parcial de 7 a 1 na eliminatoria.