O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" acolle o II Simposio Nacional sobre Oncoloxía

  • O obxectivo deste foro, que foi inaugurado esta tarde polo presidente da Xunta, é a reflexión conxunta entre os diferentes axentes implicados no manexo do paciente oncolóxico para identificar resultados e incorporalos á práctica diaria dos profesionais sanitarios.

  • Manuel Baltar afirma que o labor que desenvolven os oncólogos "merece o recoñecemento permanente da sociedade, polo seu continuo compromiso cos pacientes e as súas familias".

Ourense, 13 de abril de 2018.- O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acolle hoxe venres e mañá sábado o II Simposio Nacional "Datos de la Vida Real-RWD en Oncología", un foro que foi inaugurado esta tarde polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e que ten como obxectivo a reflexión conxunta entre os diferentes axentes implicados no manexo do paciente oncolóxico para identificar resultados e incorporalos á práctica diaria dos profesionais sanitarios. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, institución que acolle nas súas dependencias esta reunión científica, afirma que "o labor que desenvolven os facultativos nesta disciplina médica merece o recoñecemento permanente da sociedade, polo seu continuo compromiso cos pacientes e as súas familias".

No acto inaugural, clausurado polo presidente da Xunta, contou coa participación na parte técnica de Jesús García Mata, presidente do comité organizador; Ruth Vera García, presidenta da Sociedade Española de Oncoloxía, e Vicente Guillem Porta, presidente da Fundación para a Excelencia e a. No simposio participan máis de 150 facultativos.