A Xunta de Goberno da Deputaci贸n de Ourense aproba axudas por valor de 164.868 euros para infraestruturas, cultura e transparencia

Ourense, 30 de novembro de 2015.- A Xunta de Goberno da Deputaci贸n de Ourense celebrada esta ma帽谩 no Pazo Provincial aprobou axudas por valor de 164.868,16 euros para os 谩mbitos de infraestruturas, cultura e transparencia en favor de concellos e asociaci贸ns da provincia de Ourense. As铆 o informou esta ma帽谩 a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputaci贸n de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao luns 30 de novembro.

En concreto, aprobouse unha axuda por importe de 56.311,38 euros en favor de Cruz Vermella (Delegaci贸n de Ourense), para a adquisici贸n dunha ambulancia. Outras das axudas aprobadas foron para a Federaci贸n Provincial de Mulleres Rurais de Ourense por valor de 1.218 euros e de 18.526 euros para a Federaci贸n de Asociaci贸ns de Veci帽os de Ourense Limiar, ambas para gastos de funcionamento das entidades.

Entre as axudas concedidas aos concellos aprobouse unha por valor de 12.499,16 euros para o Concello da Merca, para asfaltado do acceso a Zarrac贸s; da pista da Medorra; do centro do pobo de Olas, e do acceso a Rubi谩s e Rebola. Para o Concello de Larouco aprobouse unha achega de 7.500 euros para a adquisici贸n dun brazo rozadora e ao Concello de Xinzo de Limia, 15.125 euros para o proxecto Xinzo 5G. Por 煤ltimo, aprobouse unha axuda a favor da Mancomunidade Terra de Celanova por importe de 50.000 euros, para gastos de funcionamento, extinci贸n e prevenci贸n de incendios correspondentes ao ano 2015.

Asemade a Xunta de Goberno aprobou a expropiaci贸n forzosa para a execuci贸n da obra de mellora da estrada provincial OU-1006 Vilardev贸s-Vilarello da Cota, n.潞 132/PB/2014, en Vilardev贸s. Por outra banda, aprobouse modificar o acordo da Xunta de Goberno do 6 novembro deste ano, polo que se aprobara a prestaci贸n dun servizo educativo de ensinanzas musicais de grao elemental en Xinzo de Limia, no relativo aos horarios nos que se imparten as clases.

Outro dos temas aprobados foron as bases reguladoras das convocatorias para a concesi贸n de subvenci贸ns tanto para gastos de funcionamento das federaci贸ns ou agrupaci贸ns veci帽ais como para gastos de investimento de asociaci贸ns veci帽ais de Ourense correspondentes ao exercicio 2016.