Xoves, 17 de decembro de 2015:

-11.00 horas: Presentación do catálogo e da exposición do pintor Manuel Quintana Martelo.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" ás 11.00 horas, terá lugar a presentación do catálogo e da exposición do pintor e presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo. O acto contará coa presenza do artista; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do Centro Cultural "Marcos Valcárcel", Francisco González Bouzán; e o comisario da mostra, Miguel Fernández-Cid.

-20.30 horas: Festival de Nadal 2015 da Escola de Danza.- No Teatro Principal terá lugar, ás 20.30 horas, o Festival de Nadal 2015 da Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense, como peche do primeiro trimestre do curso 2015-2016, no que alumnos de idades comprendidas entre os 5 e 60 anos, ofrecerán un espectáculo de canto, música e baile.

Venres, 11 de decembro de 2015:

-11.00 horas: Acordos da Xunta de Goberno.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 11 de decembro de 2015.

Venres, 4 de decembro de 2015:

-10.30 horas: Acordos da Xunta de Goberno.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 4 de decembro de 2015.

-11.00 horas: Presentación da Guía de Fútbol Provincial "Ourense, a provincia termal 2015-2016".- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da Guía de Fútbol Provincial "Ourense, a provincia termal 2015-2016". O acto contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o deputado provincial de Deportes, Juan Anta, e o responsable de Social Media Sports, Javier Taboada Valdés.

Martes, 1 de decembro de 2015:

-11.00 horas: Rolda de prensa de Manuel Baltar e Javier Guillén, director da "Vuelta a España".- No Parque Náutico de Castrelo de Miño o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director da "Vuelta a España", Javier Guillén, comparecerán para dar conta de temas referidos á edición da proba ciclista que se celebrará en 2016.

-12.00 horas: Entrega dos III Premios de Investigación.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará no acto de entrega dos III Premios de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense que terá lugar na Aula Magna "José Ángel Valente" da Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo.

-12.00 horas: Acto de homenaxe a Blanco Amor.- No cemiterio de San Francisco terá lugar un acto de homenaxe ao escritor Eduardo Blanco Amor, no que participará o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o presidente do Centro Pen de Galicia, Luis González Tosar; e outras autoridades.

-20.30 horas: Acto de entrega do XXXIV Premio de Novela Blanco Amor.- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar o acto de entrega do XXXIV Premio de Novela Blanco Amor, no que participarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o escritor premiado, Xavier Queipo; e o presidente do xurado responsable de fallar o premio, Luis González Tosar.

Luns, 30 de novembro de 2015:

-11.00 horas: Acordos da Xunta de Goberno.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto e voceira da Xunta de Goberno, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao luns 30 de novembro de 2015.

-11.30 horas: Celebración dun Pleno Xuvenil.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibirá a alumnos e alumnas do IES Taboada Chivite e do CPR Apostólico Mercedario (A Mercé), que celebrarán un pleno xuvenil no Pazo Provincial sobre o Cambio Climático.