Mércores, 27 de abril de 2016:

-11.30 horas: Vicente del Bosque visita as novas instalacións do campo de fútbol de Maceda.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará mañá mércores, 27 de abril, no acto de inauguración das novas instalacións do campo de fútbol "Cardenal Quiroga" de Maceda, acto que contará coa presenza do seleccionador nacional, Vicente del Bosque, e o alcalde de Maceda, Rubén Quintas. Punto de encontro: Casa do Concello de Maceda. Posteriormente, desprazamento ao campo de fútbol.

-12.00 horas: Ditame do xurado do XIII Premio "Pura e Dora Vázquez" de ilustración.- O xurado do XIII Premio "Pura e Dora Vázquez" de literatura infantil e xuvenil na modalidade de ilustración, que organiza a Deputación de Ourense, reuniranse na Sala de Xuntas do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" para emitir o seu ditame. Convocatoria só para gráficos. Posteriormente enviaremos nota informativa.

Martes, 26 de abril de 2016:

-11.00 horas: Presentación da Declaración de Interese Turístico e Cultural da "Xuntanza Internacional de Gaiteiros".- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá martes, 26 de abril, a presentación da Declaración de evento de Interese Turístico e Cultural da "Xuntanza Internacional de Gaiteiros". O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; e o alcalde do Concello de Monterrei, José Luis Suárez.

Venres, 22 de abril de 2016:

-12.30 horas: Acordos da Xunta de Goberno.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 22 de abril de 2016.

Xoves, 21 de abril de 2016:

-10.30 horas: Reunión do xurado do XXVI premio de periodismo "Xosé Aurelio Carracedo".- Na Sala de Xuntas do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense, terá lugar mañá xoves, 21 de abril, a reunión do xurado do XXVI premio de xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo", para ditaminar o traballo gañador do certame. Convocatoria só para gráficos. Posteriormente enviaremos nota informativa.

Venres, 15 de abril de 2016:

-11.00 horas: Manuel Baltar visita a "Casa das Rodas", en San Xoán de Río.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita mañá venres, 15 de abril, a "Casa das Rodas", en Arboiro, San Xoán de Río. No percorrido estará acompañado polo historiador Jesús de Juana e polo escultor Florencio de Arboiro, investigador e impulsor da recuperación de rodas de afiar e de pezas de oficios populares galegos.

-12.00 horas: Acordos da Xunta de Goberno.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 15 de abril de 2016.

-18.30 horas: Día Mundial da Arte na Escola de Artes e Oficios.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Escola de Artes e Oficios, Francisco González; e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, visitarán a Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense, con motivo da celebración do Día Mundial da Arte. A escola permanecerá aberta ao público desde as 18.00 ata as 21.00 horas. Durante este tempo, alumnos de debuxo e pintura sacarán os seus caballetes á rúa e pintarán en directo, para achegar á sociedade ourensá o seu traballo.