Xoves, 27 de setembro de 2018:

-09.15 horas: Proxecto "Keep on" de patrimonio cultural.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández e o alcalde de Esgos, Mario Rodríguez participan na primeira reunión do comité do proxecto "Keep on" para a mellora das políticas públicas en materia de patrimonio cultural. O acto terá lugar no mosteiro de san Pedro de Rocas, en Esgos.

-10.00 horas: Xornada sobre marketing dixital no sector turístico.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o catedrático de Facenda Pública da Universidade de Santiago e coordinador do Grupo Colmeiro, Luis Caramés, presentan a xornada sobre "Novas tendencias de marketing dixital no sector turístico galego". Lugar: Casa dos Poetas, en Celanova.

Mércores, 26 de setembro de 2018:

-12.00 horas: Presentación do Sistema de Feiras Virtuais.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará na presentación do Sistema de Feiras comerciais Virtuais, incluído no programa ExportOU de apoio á internacionalización das empresas ourensás, que terá lugar mañá na sede da CEO (Praza das Damas,1). No acto tamén participará o vicepresidente da CEO, Alejandro Cruz, e o profesor Jesús Albizu Soriano.

-12.45 horas: Presentación do Trail Ribeira Sacra 2018.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do Trail Ribeira Sacra 2018, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Nogueira de Ramuín, César Parente; e o presidente do Club de Montaña Grupo Cuevas Nogueira Trail, Diego Novelle.

Martes, 25 de setembro de 2018:

-11.00 horas: Presentación da VI Marcha ciclista unificada de Special Olympics Galicia.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da VI Marcha ciclista unificada de Special Olympics Galicia, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Óscar Iglesias; e o presidente da asociación ourensá As Burgas, Antonio Rincón.

-11.30 horas: Presentación da III Marcha BTT de Cualedro.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da III Marcha BTT do Concello de Cualedro, acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Cualedro, Luciano Rivero; o secretario do Club BTT Verín, José Carlos Cabido; e o responsable de Seguridade Vial, Francisco José Calviño.

Luns, 24 de setembro de 2018:

-11.30 horas: Presentación da "Gladiator Race Vía Nova", en Muíños.- No complexo turístico e deportivo do Corgo, en Muíños, terá lugar a presentación da proba de deporte e aventura "Gladiator Race Vía Nova". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; do xerente do INORDE, José Manuel Rodríguez; do director de Qualite Sport, Serafín Martínez; do director xerente de Caldaria, Javier Soto; e do xerente de Mitsubichi – TAR, Juan López.

-13.00 horas: Informe sobre comercio exterior de Galicia.- Na sala de prensa do centro cultural "Marcos Valcárcel", terá lugar a presentación do informe de comercio exterior de Galicia do primeiro semestre de 2018. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director territorial de Comercio e do ICEX en Galicia, Sergio Prieto, e da presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Patricia García.

Venres, 21 de setembro de 2018:

-10.30 horas: I Torneo Veteranos "Cidade de Ourense – Tenis Atlántico".- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do I Torneo Veteranos "Cidade de Ourense – Tenis Atlántico", acto no que participará o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera; o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Mario Guede; e o técnico e árbitro do Club Santo Domingo, Adrián Sampedro.

-11.00 horas: Vídeo de promoción turística de Boborás.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do vídeo de promoción turística do Concello de Boborás. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e da concelleira de Cultura, Turismo e Deporte de Boborás, Patricia Torres.

-11.30 horas: Acordos da Xunta de Goberno.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 21 de setembro de 2018.

-12.00 horas: Xornada sobre "Territorios Intelixentes no Eido Local".- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández inaugurará a Xornada sobre "Territorios Intelixentes no Eido Local", organizada pola Deputación de Ourense e o Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do Sector Público, no Centro Cultural "Marcos Valcárcel".