Xoves, 21 de abril de 2016:

-10.30 horas: Reunión do xurado do XXVI premio de periodismo "Xosé Aurelio Carracedo".- Na Sala de Xuntas do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense, terá lugar mañá xoves, 21 de abril, a reunión do xurado do XXVI premio de xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo", para ditaminar o traballo gañador do certame. Convocatoria só para gráficos. Posteriormente enviaremos nota informativa.

Venres, 15 de abril de 2016:

-11.00 horas: Manuel Baltar visita a "Casa das Rodas", en San Xoán de Río.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita mañá venres, 15 de abril, a "Casa das Rodas", en Arboiro, San Xoán de Río. No percorrido estará acompañado polo historiador Jesús de Juana e polo escultor Florencio de Arboiro, investigador e impulsor da recuperación de rodas de afiar e de pezas de oficios populares galegos.

-12.00 horas: Acordos da Xunta de Goberno.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 15 de abril de 2016.

-18.30 horas: Día Mundial da Arte na Escola de Artes e Oficios.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Escola de Artes e Oficios, Francisco González; e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, visitarán a Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense, con motivo da celebración do Día Mundial da Arte. A escola permanecerá aberta ao público desde as 18.00 ata as 21.00 horas. Durante este tempo, alumnos de debuxo e pintura sacarán os seus caballetes á rúa e pintarán en directo, para achegar á sociedade ourensá o seu traballo.

Mércores, 13 de abril de 2016:

-11.00 horas: Presentación do "I Rallymix Concello de Piñor".- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, terá lugar mañá mércores, 13 de abril, a presentación do "I Rallymix Concello de Piñor". O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; o alcalde do Concello de Piñor, José Luis González; o impulsor do Rallymix, Iván Alonso; e o presidente da Escudería MixrallySports e director da carreira, Ignacio Davila.

-19.30 horas: Acto de entrega do Premio "Excelentia a la Cultura" 2016 á Real Banda de Gaitas.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recollerá mañá martes no Auditorio Nacional, en Madrid, (r/ Príncipe de Vergara, 146) o premio "Excelentia a la Cultura" 2016 que a Fundación Excelentia lle outorga á Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, un galardón que recoñece a traxectoria e os proxectos culturais máis destacados no ámbito da música e da cultura en España.

Xoves, 7 de abril de 2016:

-11.00 horas: Celebración do "Día da Auga, da Árbore e da Poesía".- Na "Insua dos Poetas", na Esgueva, Madarnás (O Carballiño), terá lugar mañá xoves, 7 de abril, a celebración dos días da Auga, da Árbore e da Poesía, acto que contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; dos secretarios xerais de Cultura, Medio Ambiente e Política Lingüística, Anxo Lorenzo, Tomás Fernández-Couto e Valentín García, así como o presidente da Fundación "Insua dos Poeta", o escritor Luís González Tosar.

Mércores, 6 de abril de 2016:

-09.30 horas: Entrega dos III Premios "Estatuto de Autonomía para Galicia" de debuxo e redacción escolar.- No Salón de Actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá mércores, 6 de abril, a entrega dos III Premios "Estatuto de Autonomía para Galicia" de debuxo e redacción escolar, que convoca a Deputación de Ourense. O lema desta terceira edición é "O Parlamento de Galicia, a nosa casa", nunha data, este ano, no que se conmemora o 35º aniversario do Estatuto de Autonomía para Galicia. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices.