Xoves, 8 de xuño de 2017:

-10.00 horas: Premio "Otero Pedrayo".- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 8 de xuño, a reunión do xurado do Premio "Otero Pedrayo 2016" que avaliará as candidaturas presentadas ao certame. Convocatoria só para gráficos. Posteriormente enviaremos nota informativa.

-11.00 horas: Acordos da Xunta de Goberno.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o deputado provincial, Pablo Pérez, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao xoves 8 de xuño de 2017.

Luns, 5 de xuño de 2017:

-12.00 horas: Presentación da XXXII Xuntanza Internacional de Gaiteiros.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro luns, 5 de xuño, a presentación da XXXII Xuntanza Internacional de Gaiteiros. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e dos alcaldes do Bolo e de Monterrei, Manuel Corzo e José Luis Suárez, respectivamente.

Venres, 2 de xuño de 2017:

-10.30 horas: Presentación da "Xurés Experiences".- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación das actividades deportivas "Xurés Experiences" da comarca da Baixa Limia. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e dos alcaldes de Muíños, Lobios, Entrimo, Lobeira e Bande.

-11.00 horas: Presentación da "Vespa history".- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da "Vespa history". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente, tesoureiro e vogais do Club Vespa Lambretta Ourense, Julio Quintas, Camilo Vila, Rubén Amorín e Alberto Oliveira, respectivamente.

-11.30 horas: Presentación da xornada sobre "Transparencia e protección de datos".- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentará a xornada sobre "Transparencia e protección de datos no ámbito local", que se celebrará o vindeiro 9 de xuño, organizada pola Deputación de Ourense e a Fundación "Democracia e Goberno Local".

-12.00 horas: Acordos da Xunta de Goberno.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o deputado provincial, Pablo Pérez, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 2 de xuño de 2017.

Xoves, 1 de xuño de 2017:

-11.30 horas: Presentación da I BTT Solidaria de Boborás.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 31 de maio, a presentación da I BTT Solidaria do Concello de Boborás. O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; da tenente de alcalde de Boborás, Patricia Torres; e da presidenta da AECC de Ourense, Dora Gómez.

-17.00 horas: Inauguración do parque de bombeiros do Carballiño.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará xunto ao vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, e o presidente do Consorcio Provincial de Incendios e Salvamento de Ourense, Pablo Pérez, na inauguración do parque de bombeiros do Carballiño.

-20.00 horas: Entrega de diplomas do Obradoiro de Instrumentos da Deputación.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará na entrega de diplomas do curso 2016-2017 do Obradoiro de Instrumentos Musicais da Deputación de Ourense. O acto aberto ao público terá lugar no salón de actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel". Posteriormente, Germán Díaz ofrecerá unha conferencia/concerto sobre a zanfoña na Península Ibérica, e os alumnos do obradoiro presentarán unha mostra dos traballos feitos neste curso.

Mércores, 31 de maio de 2017:

-11.00 horas: Presentación da I Semana Vitivinícola de Galicia.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 31 de maio, a presentación da I Semana Vitivinícola de Galicia. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad; e do director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, Juan M. Casares.

-11.30 horas: Presentación do 4º RallyMix da Gudiña.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do 4º RallyMix da Gudiña. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde da Gudiña, José María Lago; e do director deportivo de HC Competición, Antonio Pérez.