Mércores, 12 de setembro de 2018:

-10.30 horas: Presentación do 5º RallyMix da Gudiña.- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do 5º RallyMix da Gudiña. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde da Gudiña, José María Lago; do director técnico de HC Competición, Antonio Pérez; do presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; do piloto local, Felipe Fernández; do presidente da Escudaría HC Competición, Gerardo Armesto; e do xefe da Agrupación de Protección Civil da Gudiña, Jorge Pereira.

Luns, 10 de setembro de 2018:

-12.30 horas: Visita ao Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitará o Colexio Oficial de Enxeñeiro Técnicos Agrícolas de Ourense (rúa Cardenal Quevedo, nº 25, Entpl. Esq.), para manter unha reunión de traballo coa súa Xunta directiva.

Venres, 7 de setembro de 2018:

-10.30 horas: Acordos da Xunta de Goberno.- Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, dará conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 7 de setembro de 2018.

-11.00 horas: Exposición "O movemento estático".- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da exposición "O movemento estático", do pintor Santiago López Amado. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González; e do propio artista. A inauguración oficial da mostra será ás 20.00 horas.

Xoves, 6 de setembro de 2018:

-11.30 horas: Exposición "A volta dunha ausencia".- No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da exposición "A volta dunha ausencia", con obras escultórica do artista Pepe Galán. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González; e do escultor Pepe Galán. A inauguración oficial da mostra será ás 20.00 horas.

-12.30 horas: Presentación do estudo "Polígono en cifras".- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na presentación do estudo "Polígono en cifras", iniciativa conxunta da Deputación de Ourense, a Asociación de Empresarios de San Cibrao e a Universidade de Vigo. O acto contará tamén co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o presidente da Asociación, Elías Mera; e os vicerreitores de Economía, Investigación, Transferencia e do Campus de Ourense, José María Martín, Belén Rubio, Consuelo Pérez e Esther de Blas. Lugar: Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao (rúa Ricardo Martín Esperanza, s/n, San Cibrao das Viñas).

Mércores, 5 de setembro de 2018:

-11.00 horas: Recepción ao delegado do Goberno en Galicia.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibe no seu despacho do Pazo Provincial ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada. SO GRÁFICOS. Declaracións ao remate do encontro, aproximadamente ás 11.30 horas.

-17.30 horas: Chegada da 11ª etapa da "Vuelta a España" 2018 a Luíntra.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará no acto de entrega de premios da 11ª etapa da "Vuelta a España" 2018, que rematará en Luíntra, no Concello de Nogueira de Ramuín. Esta etapa, de 208 quilómetros, parte de Mombuey (Zamora) e rematará na Ribeira Sacra, percorrendo once concellos ourensáns: A Mezquita, A Gudiña, O Bolo, Viana do Bolo, Larouco, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Castro Caldelas, A Teixeira, Parada de Sil e Nogueira de Ramuín.