As catro denominacións de orixe vitivinÃcolas da provincia de Ourense: Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras foron as protagonistas hoxe en Madrid na presentación do programa de trens turÃsticos "Galicia a todo tren", acto que contou coa presenza da presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, e o director de Estratexia e Desenvolvemento de Negocios de Renfe, Rodrigo Hilario.
Cinco novas rutas polos territorios vinÃcolas galegos incorpóranse ao programa dos trens turÃsticos "Galicia a todo tren", desenvolvido en colaboración con Renfe, que acadou gran éxito na súa primeira edición e que agora incorpora novos percorridos que permiten aos turistas coñecer os recursos máis singulares da comunidade a bordo dun tren.
A posta en marcha en 2013 deste proxecto pioneiro suma neste ano 2014 cinco trens turÃsticos do viño que suporán a posibilidade para os viaxeiros de percorrer a riqueza vitivinÃcola e enoturÃstica do territorio galego, destacando a provincia de Ourense, que conta con catro das cinco denominacións de orixe existentes en Galicia.
As novidades que o programa incorpora este ano débense á colaboración interinstitucional entre Renfe, a Xunta e a Deputación de Ourense, segundo explicou Nava Castro, quen salientou que o Plan Integral de Turismo de Galicia incide no turismo como sector multidisciplinar e no que interveñen axentes públicos e privados, de aà a necesidade de coordinación para conseguir un desenvolvemento turÃstico eficiente e sostible. Pola súa banda, o presidente do goberno provincial destacou a importancia da cooperación entre institucións "porque nos permite promocionar máis e mellor o noso territorio para dar a coñecer toda a oferta turÃstica, gastronómica, cultural, termal e etnográfica que posúe a provincia de Ourense e que é o noso gran potencial para crecer e sermos máis competitivos", explicou Manuel Baltar.
O ano pasado puxéronse en funcionamento dúas rutas con 30 trens que realizaron itinerarios de media xornada e xornada completa. O balance final constatou o acerto deste proxecto porque máis de 600 viaxeiros percorreron os itinerarios acadando unha ocupación media do 72,5%.
Este ano, as rutas turÃsticas en tren de Galicia inclúen a posibilidade de percorrer a través das vÃas do ferrocarril as Rutas dos Viños de Galicia. En total haberá, xa que logo, 7 rutas con variadas temáticas: a Ruta dos faros, a Ruta dos Pazos e XardÃns Históricos e mais cinco Trens TurÃsticos do Viño, que transcorrerán polos diferentes territorios das Denominacións de Orixe de Galicia –RÃas Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras-.
Novidade: paquetes combinados
Ao tempo, como novidade, inclúense nesta tempada os packs de fin de semana, nos que se combinan as rutas en tren coa pernoctación dunha noite nun hotel de Galicia, asà como paquetes combinados de fin de semana dende outras cidades de España.
A estas rutas turÃsticas temáticas cómpre engadir a posibilidade de descubrir Galicia co Galicia Rail Pass, o Train and Breakfast Camiño de Santiago, o luxoso Al Andalus Camiño de Santiago e o Transcantábrico. As rutas estarán en funcionamento dende mediados de xullo ata finais de setembro.
A Comunidade de Madrid é o principal mercado emisor de turistas para Galicia, segundo os datos do Instituto Nacional de EstatÃstica. No pasado ano rexistráronse en establecementos hoteleiros 416.658 viaxeiros procedentes da capital española, cifra que supera nun 1,3% o dato de 2012. Madrid supuxo o 16,4% do total de viaxeiros españois e o 17,4% das pernoctas nacionais da comunidade galega. Ademais, un total de 20.098 peregrinos madrileños recolleron a Compostela na Oficina de Acollida ao Peregrino o ano pasado, un 13,8% máis que en 2012.
A directora de Turismo de Galicia agradeceu tamén a "intensa colaboración de Renfe e mais da Deputación de Ourense a través do Inorde" pola posta en marcha deste "proxecto diferencial do destino Galicia".