Ballet infantil e xuvenil na gala benéfica contra o cancro, coa representación de "Blancanieves" no Teatro Principal

O Obradoiro de Danza Clásica de Ourense representa a obra "Blancanieves y los siete enanitos" coa participación de trinta bailaríns e música de Dvorak

A gala benéfica en favor da Asociación española contra o cancro de Ourense presenta o vindeiro xoves, 28 de xuño, ás 21.00 horas, no Teatro Principal de Ourense o espectáculo "Blancanieves y los siete enanitos", un espectáculo do Obradoiro de Danza Clásica de Ourense no que participan trinta bailaríns infantís e xuvenís.

Con música de Antonin Dvorak e coreografía e dirección artística de Ana María Santos, a obra recrea o famoso conto infantil de "Blancanieves", cun reparto no que saen a escena enaniños, mariquñas, coelliños, cortesanas, principiños a raíña (madrastra) e a bailarina principal: Blancanieves. As entradas para esta función benéfica están dispoñibles na taquilla do Teatro Principal o mesmo día da actuación, de 11.00 a 13.30 horas, e unha hora antes do inicio da función. O prezo das localidades é de 7 euros.

Argumento

1º Acto: Nun país moi lonxano vive nun castelo "Blancanieves", a princesa máis fermosa do reino, coa súa madrastra a Raíña. Blancanieves convive en harmonía coas súas cortesanas, pero a actitude cruel da madrastra cara ela envólvea nunha profunda tristeza, ata que é expulsada do castelo.

2º Acto: Blancanieves atópase perdida no bosque e descobre unha pequena casiña, que ten como donos a uns enaniños. Con eles vive feliz ata que un día unha velliña aparece e lle ofrece unha mazá. Logo de probala, Blancanieves cae morta. Pero o amor e unha caixa de música devólvenlle a vida.

Acto único: a Raíña en palacio está pletórica e disfruta coas cortesanas, convencida de que Blancanieves está morta, así ela (a Raíña) é a máis bela do reino. Pero, de súpeto, as portas dos palacio ábrense e entra Blancanieves. A envexa é castigada e a bondade triúnfa.