Acordos do pleno ordinario da Deputaci贸n de Ourense de data 31 de xaneiro de 2014

*APROBACI脫N DEFINITIVA DA RPT 2014

Acordo:

Aprobar definitivamente, coa incorporaci贸n das alegaci贸ns estimadas, a Relaci贸n de Postos de Traballo para o exercicio 2014, ordenando a s煤a publicaci贸n no Bolet铆n Oficial da Provincia.

*APROBACI脫N DEFINITIVA DO PLAN DE ORDENACI脫N DE RECURSOS HUMANOS 2014

Acordo:

Aprobar definitivamente, coa incorporaci贸n da reclamaci贸n estimada, o Plan de Ordenaci贸n de Recursos Humanos 2014, ordenando a s煤a publicaci贸n no BOP.

* APROBACI脫N DAS CONCLUSI脫NS DA COMISI脫N INFORMATIVA ESPECIAL SOBRE OS PROXECTOS DAREDO E DEPUTRANS

Acordo:

Aprobar as conclusi贸ns da Comisi贸n informativa especial sobre os proxectos Daredo e Deputrans, co seguinte contido literal:

1.- No se deron, por parte dos 贸rganos pol铆ticos, instruci贸ns, recomendaci贸ns ou insinuaci贸ns para que polos t茅cnicos se estableceran unhas condici贸ns determinadas que vi帽esen predeterminar ou favorecer a adxudicaci贸n dos contratos cara algunha empresa determinada.

2- Non se determina intervenci贸n de 贸rganos pol铆ticos nos traballos dos t茅cnicos que tramitan o expediente de contrataci贸n dos proxectos Daredo e Deputrans.

3.- A intervenci贸n dos t茅cnicos nas distintas fases e tr谩mites do expediente de contrataci贸n 茅 seguindo exclusivamente criterios e normas t茅cnico-xur铆dicas.

4.- Non se determinan responsabilidades pol铆ticas, nin administrativas, ou doutra orde dos 贸rganos pol铆ticos que autorizan o expediente de contrataci贸n.

5.- Non se determinan responsabilidades administrativas, nin doutro tipo, dos t茅cnicos que interve帽en no expediente.

6.- Asumir na s煤a totalidade as alegaci贸ns realizadas pola Presidencia da Deputaci贸n provincial no expediente de reintegro iniciado pola Direcci贸n Xeral de Fondos Comunitarios, organismo dependente do Ministerio de Facenda.

7.- Elevar estas conclusi贸ns 谩 Presidencia da Diputaci贸n para o seu traslado ao Pleno da Corporaci贸n e, se se estima, a s煤a posterior remisi贸n ao Xulgado de Instruci贸n n.潞 2 de Ourense para os efectos das Dilixencias Previas 416/2009.

*APROBACI脫N DO PLAN ESTRAT脡XICO DE SUBVENCI脫NS DA DEPUTACI脫N PROVINCIAL DE OURENSE E DO INORDE PARA O EXERCICIO 2014

Acordo:

Aprobar o Plan estrat茅xico de subvenci贸ns da Deputaci贸n Provincial de Ourense e do INORDE para o exercicio 2014

O Plan estrat茅xico conc铆bese, dada a s煤a natureza e configuraci贸n legal, como un instrumento program谩tico. Non obstante, establ茅cese un nivel m铆nimo de vinculaci贸n co plan, en dous sentidos: en primeiro lugar, prohibindo a concesi贸n de subvenci贸ns para li帽as de acci贸n non previstas no plan, e, en segundo lugar, establecendo unha espec铆fica obriga de motivaci贸n das desviaci贸ns que eventualmente se produzan respecto das s煤as previsi贸ns.

O Plan estrut煤rase en cinco li帽as de acci贸n iniciais (cooperaci贸n coas entidades locais, fomento da cultura, fomento da educaci贸n, fomento do deporte, fomento do benestar social e fomento do desenvolvemento econ贸mico) en coherencia coas competencias provinciais e coas previsi贸ns dos orzamentos xerais da Deputaci贸n Provincial para o exercicio 2014. Ademais, prevese a posibilidade de abrir unha sexta li帽a de acci贸n, dedicada ao fomento do asociacionismo veci帽al, no caso de que coa liquidaci贸n do exercicio 2013 resulten remanentes suficientes para o seu financiamento.

No primeiro cuadrimestre de 2015 a 脕rea de Administraci贸n Xeral emitir谩 un informe sobre o grao de execuci贸n do presente Plan estrat茅xico, no que se analizar谩n as principais incidencias e desviaci贸ns experimentadas, e que poder谩 conter propostas de mellora dos plans sucesivos. Deste informe dar谩selle conta ao Pleno da Deputaci贸n na primeira sesi贸n ordinaria que realice, e o seu contido terase en conta para a planificaci贸n estrat茅xica que se elabore para o exercicio 2016 e seguintes.

*APROBACI脫N DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PROVINCIAL DE ASISTENCIA T脡CNICA, ECON脫MICA E XUR脥DICA AOS CONCELLOS E MANCOMUNIDADES EN MATERIA DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS PARA O EXERCICIO 2014

Acordo:

Aprobar as bases reguladoras do Programa Provincial de Asistencia T茅cnica, Econ贸mica e Xur铆dica aos Concellos e Mancomunidades en materia de Servizos Sociais Comunitarios para o exercicio 2014.

Constit煤e o obxecto do Programa Provincial de Asistencia Econ贸mica, T茅cnica e Xur铆dica 贸s Concellos en materia de Servizos Sociais Comunitarios para o exercicio 2014 o establecemento, de xeito integral e detallado, regulando os tr谩mites para a s煤a total execuci贸n, das acci贸ns que lle corresponde desenvolver 谩 Deputaci贸n Provincial de Ourense en virtude das competencias atribu铆das polos artigos 109.1.b) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administraci贸n local de Galicia, 63 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e 31 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

En consecuencia, e 贸 abeiro dos preceptos citados, o obxecto do Programa c铆nguese 谩 programaci贸n detallada das acci贸ns de asistencia t茅cnica, econ贸mica e xur铆dica 贸s concellos con menos de 20.000 habitantes na execuci贸n das s煤as competencias en materia de servizos sociais comunitarios b谩sicos. Para estes efectos, incl煤ense tam茅n as mancomunidades intermunicipais que xestionen servizos sociais dun conxunto de municipios con menos de 20.000 habitantes, 贸 tratarse de meras entidades instrumentais dos concellos que exercen competencias delegadas por aqueles.

Tendo en conta o disposto no artigo 31.3 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, este Programa estrut煤rase en tres acci贸ns:

1陋) Acci贸n 1: asistencia econ贸mica, co obxecto de garantir o financiamento 贸s concellos e mancomunidades de menos de 20.000 habitantes para a contrataci贸n ou nomeamento de persoal t茅cnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perf铆s profesionais diferentes e complementarios 贸 do profesional de referencia que se regula no artigo 37 do Decreto.

2陋) Acci贸n 2: asistencia econ贸mica co obxecto de garantir o financiamento do servizo de axuda no fogar b谩sico 贸s concellos e mancomunidades de menos de 20.000 habitantes.

3陋) Acci贸n 3: asistencia t茅cnica e xur铆dica en materia de servizos sociais, complementaria da asistencia econ贸mica. Esta prestaci贸n levarase a cabo por persoal da 脕rea de Benestar da Deputaci贸n, consistindo na emisi贸n de informes t茅cnicos e xur铆dicos en materia de servizos sociais. Este servizo prestarase de xeito prioritario 谩s entidades locais correspondentes a 谩reas rurais de menos de 5000 habitantes e rurais de alta dispersi贸n.

*APROBACI脫N DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PROVINCIAL DE COOPERACI脫N COS CONCELLOS PARA A REALIZACI脫N DE ACTUACI脫NS DE LIMPEZA DAS MARXES DAS REDES VIARIAS MUNICIPAIS E PROVINCIAIS DURANTE O EXERCICIO 2014.

Acordo:

Aprobar as bases reguladoras do Programa provincial de cooperaci贸n cos concellos para a realizaci贸n de actuaci贸ns de limpeza das marxes das redes viarias municipais e provinciais durante o exercicio 2014.

Constit煤e o obxecto destas bases a regulaci贸n da concesi贸n de subvenci贸ns a concellos e mancomunidades da provincia de Ourense para o financiamento da contrataci贸n de choferes de m谩quinas rozadoras, en r茅xime laboral e durante un per铆odo m铆nimo de tres meses (que en todo caso deber谩 comprender as datas nas que a Deputaci贸n estableza a limpeza obrigatoria dun n煤mero m铆nimo de quil贸metros da rede viaria provincial).

Nos supostos de contrataci贸n que non comprendan meses naturais completos, para o c谩lculo do cumprimento do per铆odo m铆nimo esixible computaranse os d铆as naturais da contrataci贸n, consider谩ndose un mes por cada trinta d铆as naturais.

A finalidade da subvenci贸n 茅 colaborar economicamente cos concellos e mancomunidades no sostemento do servizo p煤blico de limpeza da rede viaria municipal (servizo que se considera inclu铆do no servizo m铆nimo obrigatorio de acceso aos n煤cleos de poboaci贸n, recollido no artigo 26 da Lei de bases de r茅xime local) e no cumprimento das obrigas establecidas na lexislaci贸n galega de prevenci贸n de incendios forestais. Esta colaboraci贸n condici贸nase a que por parte dos concellos e mancomunidades se realicen labores de limpeza das marxes das v铆as provinciais e municipais, co obxectivo 煤ltimo de garantir o mantemento das v铆as en condici贸ns axeitadas de limpeza e seguridade, d谩ndolle ademais cumprimento ao establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevenci贸n e defensa contra os incendios forestais.

*APROBACI脫N DA MOCI脫N A RESPECTO DA PRESENTACI脫N DA MOCI脫N DE CENSURA DA MEZQUITA

Acordo:

"O Pleno da Deputaci贸n de Ourense CONDENA calquera vulneraci贸n da normativa e acordos entre forzas pol铆ticas a nivel estatal en contra do transfuguismo".

 

 

Ourense, 31 de xaneiro de 2014