O alcalde de Ribadavia, C茅sar Fern谩ndez, primeiro rexedor local recibido por Manuel Baltar no mandato 2019-2023

  • Os encontros institucionais de hoxe do presidente provincial inclu铆ron tam茅n recepci贸ns aos alcaldes de Castrelo do Val, Cortegada, Ramir谩s e San Cristovo de Cea.

Ourense, 1 de xullo de 2019.- O presidente da Deputaci贸n de Ourense, Manuel Baltar, iniciou hoxe a s煤a axenda institucional de recepci贸ns a alcaldes da provincia coa reuni贸n que mantivo no Pazo Provincial co alcalde de Ribadavia, C茅sar Fern谩ndez, o primeiro rexedor local en ser recibido polo presidente Baltar nesta nova etapa de mandato (2019-2023), unha xuntanza na que acordaron colaborar entre 谩mbalas d煤as administraci贸ns en diferentes proxectos entre os que figura a obra da r煤a Veronza, que supor谩 un investimento de m谩is de 70.000 euros, e que permitir谩 levar a cabo a mellora do pavimento, a humanizaci贸n do entorno e a inclusi贸n dunha senda peonil.

Os encontros institucionais de hoxe do presidente provincial inclu铆ron tam茅n recepci贸ns aos alcaldes de Castrelo do Val, Vicente, G贸mez; Cortegada, Avelino de Francisco; Ramir谩s, Isabel Gil, e San Cristovo de Cea, Jos茅 Luis Valladares.