Xunta de Galicia e Deputaci贸n de Ourense far谩n do termalismo o eixo do futuro da provincia

O goberno provincial e o goberno auton贸mico aproban un plan estrat茅xico dirixido a sacarlle o maior rendemento posible ao termalismo na provincia de Ourense.

Ambos gobernos asinar谩n tam茅n colaboraci贸ns que apostan polos Servizos Sociais, o sector agroalimentario, e a eficiencia enerx茅tica.

En 2013 daranse os pasos necesarios para a constituci贸n do Consorcio Provincial de Incendios.

 

Ourense, 10 de xu帽o de 2013.- O presidente da Deputaci贸n de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto N煤帽ez Feij贸o, acordaron esta ma帽谩 elaborar un plan estrat茅xico do termalismo na provincia de Ourense. Ambos presidentes acordaron realizar un estudo co obxetivo de sacarlle o maior rendemento posible a actual crecente demanda de turismo saudable en Ourense. Para iso, levarase a cabo un estudo dividido en d煤as fases: inicialmente, farase unha recopilaci贸n de informaci贸n que sente as bases para elaborar posteriormente, un plan no que se detallen as propostas concretas en materia de instalaci贸ns, equipamentos e actividades.

Nesta xuntanza que tivo lugar na capital galega entre o presidente autn贸mico e o presidente provincial, Manuel Baltar obtivo o compromiso, por parte da Xunta de Galicia, de elaborar este plan estrat茅xico de termalismo da provincia de Ourense que sup贸n un dos principais obxectivos da Deputaci贸n de Ourense porque, para Manuel Baltar, Ourense 茅 a 鈥減rovincia termal鈥 por excelencia de Espa帽a, e grazas a execuci贸n de dito plan, pode chegar a converterse en referente europeo.

A Deputaci贸n de Ourense inclu铆u en 2013, por primeira vez, unha partida espec铆fica de apoio ao termalismo coa que, segundo o propio presidente da Instituci贸n, se demostra que 鈥渟e est谩 pasando das palabras aos feitos鈥, pois 鈥渆stase chegando ao momento da verdade para ao termalismo鈥.

 

Novas colaboraci贸ns entre a Xunta de Galicia e a Deputaci贸n de Ourense

Manuel Baltar e Alberto N煤帽ez Feij贸o acordaron tam茅n nesta xuntanza, asinar en pr贸ximas datas convenios coa Conseller铆a de Traballo e Benestar, para a realizaci贸n do Plan Benourense 2013 de Servizos Sociai, por un importe de 400.000 euros. Por outro lado, levaranse a cabo acordos coa Conseller铆a de Econom铆a e Industria sobre a eficiencia enerx茅tica e, por 煤ltimo, coa Conseller铆a de Medio Rural e do Mar, para que o INORDE siga con programas coma o de razas aut贸ctonas, e aposte polo Instituto Agro-gandeiro de Xinzo de Limia, o Centro de Investigaci贸n da Casta帽a en Ri贸s, e mesmo, o sector vitivin铆cola ourens谩n.

 

Consorcio Provincial de Incendios 

Outro dos temas que se abordaron nesta xuntanza foi en materia medioambiental outro dos piares fundamentais para a Deputaci贸n de Ourense. Manuel Baltar e Alberto N煤帽ez Feij贸o ratificaron que en 2013 se daran os pasos necesarios para a constituci贸n do Consorcio Provincial de Incendios, obxectivo que tam茅n forma parte do Plan Ourense 92 de xesti贸n e estratexia operativa da Deputaci贸n.