Música, videoxogos, animación 3D e tendencias tecnolóxicas, ocupan a cuarta xornada da "Ourense ICC Week" 2019

  • O espazo gamer da Semana das Industrias Culturais e Creativas, dedicado ás E-Sports, comezou cunha charla sobre os riscos do mal uso dos videoxogos.

  • Tamén se celebrou esta mañá unha masterclass a cargo da Escola Trazos sobre animación 3D e deseño gráfico de vangarda, nun sector en auxe cun nivel de empregabilidade superior ao 97%.

  • Pola tarde será a quenda para as tendencias tecnolóxicas con Jaime García Cantero; a música da man de Adriana Proenza e Soledad Vélez; e o concerto de Kiko Veneno no Teatro Principal.

Ourense, 5 de abril de 2019.- O espazo gamer da "Ourense Icc Week" 2019, comezou hoxe no Liceo de Ourense, cunha charla destinada á mocidade, da man do médico e tamén gamer, José Luís Morales, quen dixo que "os videoxogos en si mesmos non son aditivos, hai unha tendencia a demonizalos", pero engadiu que é moi importante saber recoñecer cando hai un problema ante o seu abuso. Morales explicou que as adicións non supoñen sempre unha dependencia física ou psicolóxica a unha substancia, "falamos da adición condutual" adictos ao azar, ao deporte, ao traballo, ás compras e, por suposto, ás novas tecnoloxías onde o móbil, pode chegar a supoñer o maior perigo pola facilidade de acceso e por como o utilizamos. " Os móbiles de hoxe en día superan en tecnoloxía á usada para que o home chegase a lúa, e sen embargo nós usámolos para xogar ao Clash Royale", dixo Morales.

Morales explicou que ao seu entender, o verdadeiro risco de adición está na nova tendencia das chamadas "Loop Boxer" ou recompensas que utilizan algúns videoxogos de consolas pero, sobre todo, os xogos gratuítos dos móbiles. Trátase de cofres, sobres ou sorpresas que dotan de vantaxes aos xogadores, e polas que habitualmente hai que pagar. "Isto é un verdadeiro xogo de azar, non está regulado, e constitúe o perigo deste tipo de xogos". O especialista, engadiu ademais que a apertura destes premios supón para o noso cerebro "chutes constantes de dopamina, serotonina ou adrenalina" causantes dos comportamentos dependentes.

Como consello para evitar estas condutas aditivas, o doutor recomendou utilizar sempre o reforzo positivo e os límites por parte dos pais. "Os videoxogos pódense empregar como recompensa cando un rapaz cumpre as súas obrigas, pero nunca debemos dar o móbil a un neno que se porta mal para que se calme".

Na charla estivo un grupo de alumnos de 2º da ESO do IES Blanco Amor, e outro de 1º de bacharelato do Colexio Padre Feijóo-Zorelle. O mozos escoitaron previamente a Alfonso Rodríguez, coñecido como FonsoCN no mundo gamer, e fundador da marca de e-sports MundoGT, que fixo un repaso pola historia desta disciplina dende a mítica Atari ata os grandes torneos mundiais da actualidade.

A outra cita da mañá foi unha masterclass a cargo da Escola Trazos de Madrid, celebrada no auditorio da sede de Afundación en Ourense. Unha charla, na que o director da academia, Jesús Justicia, aproveitou para invitar aos mozos de Ourense a interesarse polo mundo do deseño, destacando que a empregabilidade no sector supera o 97% e que en moitos casos, a demanda das empresas supera a oferta de profesionais, co cal "moitas veces facemos formacións moi específicas de alumnos que xa teñen traballo antes de rematar". Neste sentido, o director da Escola afirmou que "a comunicación de hoxe en día é puro deseño gráfico, é a ferramenta indispensable para a publicidade".

Hoxe quixeron achegar ao público e "facer terreal toda a maxia" que pode realizarse coas ferramentas de deseño gráfico. O encargado de alcanzar este obxectivo foi o ex-alumno da Escola, Aniball Santaella, un recoñecido experto en 3D e colaborador de empresas como Swiss, BBC, Fonda, Nike Discovery Channel ou Nathionbal Geographic. A través dun corto de animación desenrolado integramente na Escola, Santaella, explicou todo o proceso creativo desde a preprodución ata postproducción dun traballo destas características.

Tendencias tech e música

Pola tarde, as tendencias na tecnoloxía serán as protagonistas na Sede Afundación en Ourense, da man do director de contidos de "El País Retina", Jaime García Cantero, quen analizará o impacto do Internet das Cousas. Posteriormente, ás 18.30 horas, Adriana Proenza e Soledad Vélez actuarán nos Xardíns Padre Feijóo e de alí, trasladaranse as actividades de novo á Sede Afundación en Ourense, co Foro "La Región", onde o presidente de Warner Music, José Carlos "Charly" Sánchez, e o xornalista musical, Vicente "Mariskal" Romero, falarán da industria musical.

Como broche final desta cuarta xornada da "Ourense ICC Week" 2019, o Premio Nacional de Belas Artes, Kiko Veneno, un dos nomes esenciais da música popular española das últimas décadas chega a Ourense no preámbulo da presentación do que será o seu novo disco "Sombrero Roto". A súa actuación ás 21.00 horas, no Teatro Principal de Ourense.

Programación para o fin de semana

Mañá sábado, 6 de abril, continuará no Liceo de Ourense, a ICC E-Sports, o maior encontro de gamers de Galicia, para continuar ás 10.30 horas, no centro cultural "Marcos Valcárcel", coa ICC Kids, con obradoiros de Stop Motion que se desenvolverán por grupos de idades, comezando polos de 7-8 anos, ás 11.30 horas será a quenda para os de 9 e 10 anos e, ás 12.30 horas, rematarán os de 11 e 12 anos.

Posteriormente, as actividades da "Ourense ICC Week" 2019 trasladaranse aos Xardíns Padre Feijóo, coas actuacións musicais de Los Nastys, Joe Crepúsculo e Colectivo Dial. E, da música, pasamos aos Festivais de cine, ás 16.30 horas, no centro cultural "Marcos Valcárcel", onde participará a subdirectora do Festival de Sitges, Mónica G. Massagué; a directora do BCN Film Fest, Contxita Casanovas; o director do Festival Cortocircuito, Pela del Álamo; e o coordinador artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández. Como remate da xornada, celebrarase no centro cultural "Marcos Valcárcel", a entrega dos Premios Rodolfo Prada 2019, á xestión cultural, galardón convocado pola Deputación de Ourense.

O domingo, 7 de abril, comezarán as actividades ás 10.00 horas, no Liceo de Ourense, coa celebración do ICC E-Sports que rematará ás 14.00 horas. Por último, como xornada de clausura a esta quinta edición da Semana das Industrias Culturais e Creativas que organiza a Deputación de Ourense, o humorista Luís Piedrahita, quen ofrecerá o seu monólogo "Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas", no Auditorio Municipal de Ourense.