Remata o prazo de solicitudes para o programa de Termalismo Saudable 2013

Ma帽谩 venres 7 de xu帽o remata o prazo de presentaci贸n de solicitudes para o Programa de Termalismo Saudable 2013 da Deputaci贸n de Ourense. Os usuarios que queiran beneficiarse deste programa poden presentar a s煤a solicitude a trav茅s da plataforma inform谩tica http://termalismo.depourense.es, ben de xeito particular ou ben acudindo aos departamentos de servizos sociais dos concellos da provincia de Ourense ou 谩 脕rea de Benestar da Deputaci贸n de Ourense.

O Programa Termalismo Saudable 2013 incl煤e d煤as modalidades, a primeira contempla estancias de 6 d铆as /5 noites en establecementos balnearios da provincia en habitaci贸n dobre en r茅xime de pensi贸n completa, cun exame m茅dico inicial para adaptar os tratamentos termais 谩s caracter铆sticas de cada persoa. A segunda modalidade consiste en dez t茅cnicas balnearias, sen estancia no establecemento, en quendas de cinco d铆as consecutivos e a revisi贸n m茅dica previa. Os establecementos balnearios nos que poder谩n realizarse os programas son: Balneario- Hotel Ba帽os de Molgas, Gran Balneario do Carballi帽o, Balneario Arnoia Caldaria, Balneario Laias Caldaria e Balneario Lobios Caldaria.

Os requisitos que te帽en que cumprir os interesados son: ter m谩is de 50 anos, estar empadroados nalg煤n concello da provincia de Ourense, non padecer ningunha enfermidade que o impida para unha convivencia normal nos balnearios, as铆 como ter capacidade para as actividades da vida diaria. De todos modos, cabe recordar, que as persoas que non cumpran estes requisitos poder谩n beneficiarse sempre e cando formulen a solicitude como acompa帽ante de algu茅n que si cumpra os requisitos esixidos.