Baltar salienta "a sensibilidade medioambiental" da mostra "Lume", do pintor Alexandro

  • O presidente da Deputaci贸n de Ourense visitou en compa帽铆a do artista e do asesor de Cultura, Aurelio G贸mez Villar, a mostra, que acolle o centro cultural "Marcos Valc谩rcel" ata o vindeiro 21 de abril.

Ourense, 24 de febreiro de 2019.- O presidente da Deputaci贸n de Ourense, Manuel Baltar, visitou a exposici贸n "Lume" do pintor Alexandro (Ourense, 1945), que o centro cultural "Marcos Valc谩rcel" ofrece ao p煤blico ata o vindeiro 21 de abril. En compa帽铆a do artista e de Aurelio G贸mez Villar, asesor de Cultura da Deputaci贸n, o presidente do goberno provincial percorreu a mostra, que exhibe trinta obras 鈥揹e gran formato e debuxos- nas que o pintor plasma a s煤a visi贸n dos incendios forestais en Galicia.

Manuel Baltar valorou a exposici贸n como "unha das novas culturais m谩is importantes de Galicia, pois acollemos a un gran artista, unha persoa moi identificada con Ourense, que leva un tempo creando en Mux铆a, o que une 谩 s煤a condici贸n de traballador e creativo o da emigraci贸n, e sempre digo que os ourens谩ns somos: traballadores, creativos e emigrantes".

O presidente Baltar salienta que Alexandro "escollese a tem谩tica dos incendios forestais, baseando a s煤a mostra na crise do ano 2006, o que sup贸n un canto 谩 natureza, amosando un grande compo帽ente de sensibilidade medioambiental, todo elo exhibido por medio duns lenzos de alta categor铆a art铆stica, que van ser admirados polo p煤blico que visite o centro cultural "Marcos Valc谩rcel", un espazo expositivo que cumpre, as铆, un dos obxectivos da s煤a creaci贸n: po帽er a disposici贸n dos ourens谩ns e dos nosos visitantes o talento de artistas tan sobranceiros como Alexandro", expresou Baltar.