O festival presenta o libro "Manane Rodríguez, Voz en libertad"

  • O seu autor, Antonio Peláez, estivo acompañado da propia Manane na presentación.

  • O libro é un estudo sobre tódalas películas da cineasta.

Ourense, 3 de decembro.- "Manane Rodríguez. Voz en libertad" é o título da monografía que repasa a carreira da productora e directora uruguaia, e que este luns se presentou no marco do Ourense Film Festival (OUFF). Un libro "necesario" en palabras do seu autor, o escritor e xornalista Antonio Peláez, debido a que o cine de Rodríguez é un cine "que trascende" e que toca "tódolos temas".

"Manane Rodríguez. Una voz en libertad" conta con prólogo do cineasta ourensán e marido da directora, Xavier Bermúdez, premio Calpurnia de Honra na 23ª edición do OUFF. Nel, Bermúdez define a filmografía da realizadora como unha "lección de escritura, de sabiduría e de cine".

Pola súa parte, Manane Rodríguez aproveitou a presentación do volumen para recordar que, na súa profesión, "a tenacidade é moi importante e non hai que renderse".

2 décadas no cine

Neste volume faise un estudo en profundidade sobre as películas da cineasta dende a súa primeira curta, "Juego de café", ata "Migas de pan". Diversos escritores expertos en cine e que seguiron toda a carreira de Manane Rodríguez dende os comezos, como Miguel Marías e Mirito Torreiro, teñen o seu oco no libro. En "Voz en Libertad" tamén se inclúen textos de Mercedes Altuna, Luís Dufuur e outros tres profesores uruguaios.

Manane Rodríguez (Montevideo, 1955) é unha voz consolidada no mundo do cinema. Cofundadora, en 1994 en A Coruña, da produtora Xamalú Filmes, ten producido e dirixido numerosas películas, entre as que destacan: "Los pasos perdidos" (2001), que obtén unha Mención Especial do Xurado da Prensa Internacional (FIPRESCI) na SEMINCI; o Premio Especial Cinespaña no Festival de Toulouse e a Targa de Prata e o Premio do Público no Festival Internacional de Cine de Turín; e "Migas de Pan" (2016) seleccionada para representar a Uruguay nos Premios Oscar.