Deporte e solidariedade, na II BTT de Bobor谩s

  • A Deputaci贸n de Ourense colabora con este evento a favor da Asociaci贸n Espa帽ola contra o Cancro, que ter谩 lugar o domingo, 23 de setembro.

Ourense, 19 de setembro de 2018.- A segunda BTT solidaria do Concello de Bobor谩s en favor da Asociaci贸n Espa帽ola contra o Cancro celebrarase o vindeiro domingo, 23 de setembro, aglutinando nun mesmo evento deporte e solidariedade. A presentaci贸n desta proba deportiva tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputaci贸n de Ourense, Rosendo Fern谩ndez; o deputado provincial de Deportes, Juan Anta; a concelleira de Cultura, Turismo e Deporte de Bobor谩s, Patricia Torres; e a presidenta da AECC de Ourense, Dora G贸mez.

A Deputaci贸n de Ourense colabora con este evento deportivo que ten un marcado car谩cter solidario e que ademais de dar a co帽ecer os atractivos tur铆sticos do municipio, colabora con esta asociaci贸n que realiza un importante labor social na nosa provincia, explicou Rosendo Fern谩ndez. Neste mesmo senso, Patricia Torres dixo que este evento pretende "dinamizar a vida deportiva de Bobor谩s e, as铆 mesmo, colaborar na loita contra esta enfermidade, na que a AECC fai un papel moi importante, sobre todo de apoio moral".

A proba deportiva conta cun percorrido de 40 quil贸metros cunha dificultade t茅cnica baixa e cunha esixencia f铆sica alta. A sa铆da da proba ser谩 谩s 9.30 horas. O d铆a previo 谩 proba, o s谩bado 22 de setembro, celebrarase un mercadillo solidario a partir das 17.00 horas, a favor da Asociaci贸n Espa帽ola Contra o Cancro, no que haber谩 actividades para os m谩is cativos e un bar solidario. Tanto a sa铆da da proba coma o mercadillo ter谩n lugar no Colexio CEIP Nosa Se帽ora de Xuvencos.

Os interesados en participar na BTT poder谩n inscribirse no portal web www.championchipnorte.com, por un custe de 15 euros, sendo a metade da cota destinada para AECC de Ourense. "O ano pasado participaron algo m谩is de cen persoas, e por agora, nesta edici贸n, est谩n inscritos 70 participantes", sinalou a concelleira de Cultura, Turismo e Deporte de Bobor谩s, quen lembrou que ademais dos ciclistas, "todo o mundo pode colaborar coa AECC de Ourense no mercadillo solidario que destinar谩 o recadado para esta asociaci贸n".

Pola s煤a parte, a presidenta da AECC de Ourense agradeceu ao concello e aos voluntarios "que pensaran en n贸s por segunda vez" e dixo que o di帽eiro recadado ir谩 destinado para "a adquisici贸n dunha gr煤a para o servizo de coidado de paliativos, material moi necesario e requirido".