M谩is de 300 gaiteiros e cantareiras, na III Xuntanza Provincial de Bandas de Gaitas que coordina a Escola de Gaitas da Deputaci贸n de Ourense

  • Ter谩 lugar o d铆a 4 de maio en Ribadavia cunha homenaxe ao "Gaiteiro de Francelos", Paulino Rodr铆guez Cu铆帽a.

M谩is de 300 gaiteiros e cantareiras daranse cita na III Xuntanza Provincial de Bandas de Gaitas, que organiza e coordina a Escola Provincial de Gaitas da Deputaci贸n de Ourense xunto co Concello de Ribadavia, que ter谩 lugar o vindeiro 4 de maio en Ribadavia.

Esta cita "coa tradici贸n, coa etnograf铆a e coa m煤sica do instrumento senlleiro de Galicia", como a cualificou Xos茅 Lois Foxo, director da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda, xuntar谩 a 14 agrupaci贸ns de gaiteiros e cantareiras, o que xunto 谩 homenaxe que se lle tributar谩 ao "Gaiteiro de Francelos", Paulino Rodr铆guez Cu铆帽a, "amosa o pulo que se merecen as nosas tradici贸ns e a nosa m煤sica, algo que temos a obriga de protexer, conservar e potenciar", afirmou o vicepresidente da Deputaci贸n de Ourense, Rosendo Fern谩ndez, no acto de presentaci贸n do evento, que tivo lugar no Pazo Provincial.

No acto participou tam茅n o asesor de Cultura da Deputaci贸n de Ourense, C茅sar Fern谩ndez, e o concelleiro de Cultura do Concello de Ribadavia, Jos茅 Prieto. O programa de actos comezar谩 o d铆a 4 de maio cun desfile das agrupaci贸ns participantes na xuntanza ata a Praza Maior, onde ter谩 lugar as actuaci贸ns. As bandas participantes son a de A Tarazana, Flariz-Monterrei, A Carballeira, Preparatorio, Devandoira de Lugo, As Portelas de Lubi谩n a Real Banda Xuvenil e as bandas dos concellos de Ri贸s, Xunqueira de Amb铆a, Ver铆n, A Gudi帽a e Vilari帽o de Conso, e as cantareiras da Real Banda de Gaitas da Deputaci贸n de Ourense.