A Deputación de Ourense aproba 643.000 € para investimentos en emerxencias na provincia

  • No pleno de xullo a corporación provincial deu luz verde para investir, por medio do Consorcio provincial contra incendios e salvamento, con cargo ao remanente de tesourería, en vehículos de emerxencias, material e reformas nos catro parques comarcais, así como en maquinaria, servizos de prevención, estudos e traballos técnicos.

  • Na sesión plenaria de hoxe tamén se aprobou a adhesión da Deputación de Ourense á asociación "Ruta do Viño de Valdeorras" para apoiar as iniciativas que desenvolve esta entidade a prol dos ámbitos vitivinícola, económico e cultural na comarca valdeorresa.

Ourense, 27 de xullo de 2018.- O pleno da Deputación de Ourense aprobou hoxe na sesión plenaria ordinaria de xullo o investimento de 643.000 euros para emerxencias na provincia de Ourense. Así, a corporación provincial aprobou inicialmente o expediente de modificación de créditos 1/2018 que permitirá investir, por medio do Consorcio provincial contra incendios e salvamento, con cargo ao remanente de tesourería, en vehículos de emerxencias, material e reformas nos catro parques comarcais, así como en maquinaria, servizos de prevención, estudos e traballos técnicos referidos ás emerxencias, contra incendios e salvamento na provincia de Ourense. Tamén se dota orzamentariamente unha partida para iniciar o desenvolvemento dunha aplicación móbil innovadora para a comunicación de incendios e accidentes e o seguimento en tempo real dos mesmos.

Por outra banda, o pleno tamén aprobou a adhesión da Deputación de Ourense á asociación "Ruta do Viño de Valdeorras" para apoiar as iniciativas que desenvolve esta entidade a prol dos ámbitos vitivinícola, económico e cultural na comarca valdeorresa.

A totalidade dos acordos plenarios aprobados hoxe son os seguintes:

RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS N.º 1/2018

Acordo:

Autorizar a imputación aos créditos de gasto do orzamento corrente de 2018 da relación de facturas presentadas no pleno.

EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS N.º 3/2018 dos orzamentos do Inorde

Acordo:

1º.- Aprobar inicialmente a modificación de créditos do expediente, co seguinte detalle:

SUPLEMENTOS DE CRÉDITO

Partida

Expresión

Importe €

42211/627.25

Proxecto CTC Limia Lima Cavado

16.250,00.-

42211/627.26

Proxecto PGI01996 CRinMA

5.437,50.-

42211/226.16

Actividades de turismo

15.936,43.-

Suma suplementos de crédito

37.623,93.-

Concesión de créditos extraordinarios

Partida

Expresión

Importe €

42211/226.19

Actividades turísticas xeodestino n.º 12

43.500,00.-

42211/226.20

Actividades turísticas xeodestino n.º 10

24.000,00.-

42211/130.04

Retribucións básicas persoal fixo Proxecto KEEP ON.

1.097,98.-

42211/130.05

Retribucións complementarias persoal fixo Proxecto KEEP ON.

1.448,28.-

42211/160.02

Seguridade social Proxecto KEEP ON.

794,24.-

42211/221.99

Gastos diversos Proxecto KEEP ON.

501,08.-

42211/223.01

Viaxes e aloxamentos Proxecto KEEP ON.

165,00.-

42211/226.06

Gastos organización Proxecto KEEP ON.

870,00.-

42211/227.07

Gastos profesionais independentes Proxecto KEEP ON.

5.805,00.-

Suma créditos extraordinarios

78.181,58.-

RESUMO

Suma suplementos de crédito

37.623,93 €

Suma concesión de créditos extraordinarios

78.181,58 €

TOTAL

115.805,51 €

RECURSOS UTILIZADOS

Remanente Tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar gastos xerais

115.805,51 €

2º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177,2 do mesmo texto legal, o expediente seralle exposto ó público, tralo anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN N.º 3/2018 DAS BASES DE EXECUCIÓN E DO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Acordo:

1ª Aprobar inicialmente a modificación das Bases de Execución do Orzamento Xeral do exercicio 2018, engadindo o que de seguido se transcribe:

BASE 29 - Bis : TRAMITACION DA FACTURACION ELECTRONICA

1.1.- Estarán obrigados a facturar electrónicamente todos os provedores que teñan entregados entregado bens ou prestado servizos nesta Deputación nos termos que dispón o artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso de la factura electrónica y creación del Registro contable de facturas en el Sector Publico, e con independencia do importe de ditas facturas.

1.2.- As facturas electrónicas presentaranse a través da plataforma electrónica "FACE- Punto General de Entrada de Facturas Electrónicas" da Secretaría de Estado de Administraciones Públicas, del Ministerio de Hacienda, previsto na Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso de la factura electrónica y creación del registro contable de facturas en el Sector Público e na Orden Ministerial HAP/1074/2014, de 24 de xuño por la que se regulan las condiciones técnicas y funcionales que debe reunir el Punto General de Entrada de Facturas Electrónicas, á que esta Deputación adheriuse por Decreto de Presidencia de data 18-11-2014.

1.3.- As facturas electrónicas, ademais de cumprir os requisitos esixidos na normativa sinalada, deberán indicar os códigos DIR3 de oficina contable, órgano xestor e unidade de tramitación responsable no ficheiro da factura. A relación de códigos das unidades administrativas habilitadas na Deputación de Ourense son:

ORGANO XESTOR

L02000032 – Deputación Provincial de Ourense

LA0007377 – Consorcio de Augas de Valdeorras

LA0009364 – Consorcio Provincial de Ourense para a prestación do servizo contra incendios e de Salvamento.

UNIDADES TRAMITADORAS

GE0003160 – Augas e medio ambiente

GE0003161 – Centros culturais

GE0003162 – Benestar

GE0003163 – Presidencia

GE0003164 - Facenda

GE0003159 – Administración Xeral

GE0003165 - Infraestruturas

GE0003167 – Organismo Autónomo Inorde

GE0014428 – Consorcio de Augas de Valdeorras

GE0014429 – Consorcio Provincial de Ourense para a prestación do servizo contra incendios e de Salvamento.

OFICINA CONTABLE

GE0003179 – Intervención

GE0003826 – Inorde

GE0014426 - Consorcio de Augas de Valdeorras

GE0014427 - Consorcio Provincial de Ourense para a prestación do servizo contra incendios e de Salvamento.

1.4.- Será competencia do Presidente, mediante resolución, a creación, modificación e supresión das Unidades de Xestión Económica Orzamentaria do DIR3 e os órganos xestores, unidades tramitadoras e oficinas contables de FACE.

2º Aprobar as modificacións cualitativas por cambio de beneficiarios ou de finalidade de subvencións xa aprobadas, experimentando as seguintes variacións:

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.02 "A concellos subvencións en especie. Cooperación provincial", prevíase unha subvención ao Concello de Rubia para a obra "Beirarrúas na rúa das Poulas" por importe de 48.000,00 euros. En base á comunicación telefónica do erro por parte do Concello de data 18 de xuño de 2018 proponse o cambio de finalidade de dita subvención " Obras de infraestruturas básicas no concello de Rubiá" debido á existencia dun erro na modificación 1/2018 do orzamento, quedando da seguinte maneira.

- 450.12/ 762.02 " A Concellos subvencións en especie. Cooperación provincial ":

Beneficiario

Finalidade

Importe

Concello de Rubiá

Obras de infraestruturas básicas no concello de Rubiá

48.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 "A Concellos subvencións convenios. Cooperación Provincial", prevíase unha subvención ao Concello de Ramirás para a mellora do acondicionamento do local social da Asociación de veciños San Paio dos Pitos por importe de 12.000,00 €. En base á solicitude verbal do Alcalde do Concello de Ramirás de data 28 de xuño de 2018 , proponse o cambio de beneficiario de dita subvención a favor de "Asociación de veciños San Paio dos Pitos" debido á existencia dun erro na modificación 1/2018 , quedando da seguinte maneira,

- 334.20/789.03 " Outras transferencias asociacións. Actividades culturais e recreativas"

Beneficiario

Finalidade

Importe

Asociación de veciños San Paio dos Pitos

Mellora do acondicionamento do local social da Asociación de veciños San Paio dos Pitos

12.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 "A Concellos subvencións. Cooperación provincial", prevíase unha subvención ao Concello de A Veiga para a obra " Depósito de auga e arranxos en Baños" por importe de 40.000,00 euros. En base á solicitude do Concello de data 11 de xullo de 2018 proponse o cambio de finalidade de dita subvención " Recuperación de espazos degradados en Meixide e Edreira ".

- 450.12/ 762.01 " A Concellos subvencións . Cooperación provincial ":

Beneficiario

Finalidade

Importe

Concello de A Veiga

Recuperación de espazos degradados en Meixide e Edreira

40.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 " A Concellos subvencións. Cooperación provincial", prevíase unha subvención ao Concello de Xinzo de Limia por importe de 6.000,00 euros para "Reparación reloxo Torre de Ganade". Proponse a corrección do beneficiario de dita subvención debido á existencia dun erro na modificación 1/2018 do orzamento, quedando así da seguinte maneira:

336.11/ 789.03 " Outras transferencias. Bispado de Ourense. Patrimonio histórico Artístico":

Beneficiario

Finalidade

Importe

Bispado de Ourense

Reparación reloxo Torre de Ganade

6.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/462.16 "A Concellos. Transferencias correntes", prevíase unha subvención ao Concello de Lobios para "Proba deportiva Peneda Gerés Trail Adventure" por importe de 20.000,00 euros.

Proponse a variación cualitativa de dita subvención nos seguintes termos,

- 450.12/462.16 "A Concellos. Transferencias correntes"

Beneficiario

Finalidade

Importe

Concello de Muiños

Actividades deportivas na comarca do Xurés

4.000,00 €

Concello de Bande

Actividades deportivas na comarca do Xurés

4.000,00 €

Concello de Lobeira

Actividades deportivas na comarca do Xurés

4.000,00 €

Concello de Entrimo

Actividades deportivas na comarca do Xurés

4.000,00 €

Concello de Lobios

Actividades deportivas na comarca do Xurés

4.000,00 €

3º Aprobar a concesión dun crédito extraordinario con cargo a aplicación orzamentaria 334.20/226.15 " Actividades Culturais Festival Internacional de Cine. Actividades culturais e recreativas" e que se financia coa baixa na aplicación orzamentaria 334.20/489.12 non comprometida, segundo e estipulado no artigo 177 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora de Facendas Locais, co seguinte contido:

BAIXAS POR ANULACION

CREDITOS EXTRAORDINARIOS

Aplicación

Importe

Aplicación

Importe

334.20/489.12 “Outras transf. Festival Internacional cine. Actividades culturais e recreativas”

50.000,00 €

334.20/226.15 “ Actividades Culturais Festival Internacional de Cine. Actividades culturais e recreativas”

50.000,00 €

4º No Orzamento do exercicio 2018, prevíase unha subvención ao Concello de Maceda para "Humanización rúa do Castelo" por importe de 48.000,00 €.Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.02. A Concellos, Subvencións en especie. Cooperación provincial".

Na data 18 de xullo, remítenos un oficio o Alcalde do Concello de Maceda, no que solicítase a modificación do importe anterior e a inclusión doutra inversión, pero esta última como subvención nominativa.

Beneficiario

Finalidade

Aplicación Orzamentaria

Importe

Concello de Maceda

Humanización rúa do Castelo

450.12/762.02

A Concellos subvencións en especie. Cooperación provincial

28.000,00 €

Concello de Maceda

Área infantil no parque Francisco Carballo

450.12/762.03

A Concellos, Maceda. Área infantil no parque Francisco Carballo.   Cooperación provincial.

20.000,00 €

5º De acordo co artigo 169 da Lei Reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente probado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións. Por todo o anteriormente exposto, proponse aprobar a presente modificación pola Corporación en Pleno.

APROBACIÓN DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN, DO INORDE, DO CONSORCIO PROVINCIAL DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E DE SALVAMENTO, E DO CONSORCIO DE AUGAS DE VALDEORRAS DO EXERCICIO 2017

Acordo:

Primeiro.- Conta Xeral da Deputación Provincial de Ourense do exercicio 2017, da que se obteñen os seguintes datos:

• Resultado orzamentario axustado: .23.388.233,74 €

• Remanente de tesourería para gastos xerais: 26.462.156,08 €

• Balance de situación: 2.622.386.259,69 €

• Resultado económico patrimonial: -29.086.090,74 €

Segundo: Conta Xeral do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico do exercicio 2017, da que se obteñen os seguintes datos:

• Resultado orzamentario axustado: 130.900,26 €

• Remanente de tesourería para gastos xerais: 202.415,44 €

• Balance de situación: 17.387.605,86 €

• Resultado económico patrimonial: 19.954,33 €

Terceiro.- Conta Xeral do Consorcio provincial de servizo contra incendios e salvamento do exercicio 2017, da que se obteñen os seguintes datos:

• Resultado orzamentario axustado: 895.696,28 €

• Remanente de tesourería para gastos xerais: 1.373.062,56 €

• Balance de situación: 9.548.863,85 €

• Resultado económico patrimonial:- 622.247,45 €

Cuarto.- Conta Xeral do Consorcio de augas de Valdeorras do exercicio 2017, da que se obteñen os seguintes datos:

• Resultado orzamentario axustado: -205.763,58 €

• Remanente de tesourería para gastos xerais: -535.267,97 €

• Balance de situación: 828.257,31 €

• Resultado económico patrimonial: -261.676,09 €

ADHESIÓN DA DEPUTACIÓN Á ASOCIACIÓN RUTA DO VIÑO DE VALDEORRAS

Acordo:

1º.- Solicitar a adhesión da Deputación Provincial de Ourense á Asociación Ruta do Viño de Valdeorras, como membro de pleno dereito.

2º.- Manifestar a conformidade desta entidade cos compromisos e obrigacións recollidos nos estatutos da Asociación, os cales se asumen de xeito expreso.

3º.- Designar como representantes desta Deputación nos órganos da Asociación Ruta do viño de Valdeorras ás seguintes persoas:

-Na Asemblea Xeral: don Juan Anta Rodríguez

-Na Xunta Directiva: don Rosendo Luís Fernández Fernández

PARQUE ACUÁTICO EN OURENSE

Acordo:

1.- Instar á Xunta de Galicia ao remate e presentación do proxecto de construción do Parque Acuático previsto no Complexo Deportivo-Recreativo de Monterrei, concello de Pereiro de Aguiar.

2.- Dar conta deste acordo ao presidente da Xunta de Galicia e á Secretaría xeral para o Deporte.

REGULARIZACIÓN DA PROFESIÓN DE EDUCACIÓN SOCIAL

Acordo:

1º.- Instar á Xunta de Galicia á Regularización da Profesión da Educación Social en Galicia a través dunha Lei Galega de Profesionalización da Educación Social.

2º.- Instar á Presidencia do Goberno de España a desenvolver unha Lei de Regularización da profesión de Educación Social, a nivel estatal.

SERVIZO DO SERGAS PARA A PROTECCIÓN DA SAÚDE DA INFANCIA

Acordo:

1. Que a Deputación de Ourense inste á Xunta de Galicia a adoptar de maneira urxente as medidas necesarias para que se desenvolva un plan de mellora da atención primaria e a reposición de prazas de pediatría, evitando así as derivacións masivas de menores a outros centros de saúde e a masificación destes centros de referencia.

2. Que esta deputación inste ó SERGAS para que restablezan, de xeito inmediato, os servizos de atención pediátrica nos concellos do rural da nosa provincia.

3. Dar traslado formal do acordo adoptado polo pleno da Deputación de Ourense á Xunta de Galicia e o Servizo Galego de Saúde.

ENCORO DAS CONCHAS

Acordo:

1.- Demandar do Goberno central un plan de rexeneración para os ríos da provincia.

2.- Solicitar que a xestión da bacía do Támega pase a ser competencia da Xunta de Galicia.

TOPÓNIMO OURENSE

Acordo:

Dirixírmonos á RAE para esixirlle que en cumprimento da legalidade vixente figure, para o seu uso, tanto na esfera do público como no privado, OURENSE como único topónimo recoñecido.

EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS N.º 1/2018 (CE e SC) DO CONSORCIO PROVINCIAL DE OURENSE PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E DE SALVAMENTO

Acordo:

1º. Aprobar inicialmente o expediente de modificación de créditos 1/2018 (crédito extraordinario e suplemento de crédito) do Orzamento do Consorcio Provincial de Ourense para o servizo contra incendios e de salvamento que de seguido se transcribe:

SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS DE INVESTIMENTOS

APLICACIÓN

EXPRESIÓN

IMPORTE €

136/62400

Servizo de prevención e extinción de incendios. Elementos de transporte

320.000,00

CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS. GASTOS DE INVESTIMENTOS

APLICACIÓN

EXPRESIÓN

IMPORTE €

136/62200

Servizo de prevención e extinción de incendios. Edificios e outras construcións.

222.000,00

136/62900

Servizo de prevención e extinción de incendios. Outras inversións novas asociadas ao funcionamento operativo dos servizos.

6.000,00

SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS CORRENTES

APLICACIÓN

EXPRESIÓN

IMPORTE €

136/21300

Servizo de prevención e extinción de incendios. Maquinaria, instalacións e utillaxe .

26.000,00

136/22706

Servizo de prevención e extinción de incendios. Estudos e traballos técnicos

50.000,00

136/22799

Servizo de prevención e extinción de incendios. Outros traballos realizados por outras empresas e profesionais

19.000,00

RESUMO

Suma suplementos de crédito ………………………................

415.000,00 €

Suma créditos extraordinarios ...................................................

228.000,00 €

RECURSOS UTILIZADOS

Remanente Tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar gastos xerais

 

643.000,00 €

O detalle o destino dos gastos desta modificación orzamentaria.

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/62400 Servizo de prevención e extinción de incendios. Elementos de transporte.

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/62400

Compra Bomba urbana pesada 4x4 para Parque Verín.

320.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/622.00 Servizo de prevención e extinción de incendios. Edificios e outras construcións.

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/62200

Acometida de auga coa reposición do asfaltado para o Parque de A Limia

48.000,00 €

Ampliación nave Parque A Limia

38.000,00 €

Urbanización-adecuación parcela prácticas Parque Carballiño

45.000,00 €

Remate cerramento anexo nave Parque Verín

38.000,00 €

Ampliación ximnasio Parque Carballiño

10.000,00 €

Cambio de fiestras no Parque de Valdeorras

28.000,00 €

Posta a punto rede eléctrica nos Parques

15.000,00 €

TOTAL 136/62200

222.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/62900 Servizo de prevención e extinción de incendios. Outras inversións novas asociadas ao funcionamento operativo dos servizos

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/62900

Sinalización vertical nas estradas dos accesos aos Parques

6.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/21300 Servizo de prevención e extinción de incendios. Maquinaria, instalacións e utillaxe.

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/21300

Para imprevistos

26.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/22706 Servizo de prevención e extinción de incendios. Estudos e traballos técnicos

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/22706

Posta en marcha do grupo de Drons, gastos para supervisión técnica, permisos, licenzas

50.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 136/22799 Servizo de prevención e extinción de incendios. Outros traballos realizados por outras empresas e profesionais.

Aplicación Orzamentaria

Descrición

Importe

136/22799

Reforzos para emerxencias

19.000,00 €

2º. De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente, unha vez aprobado inicialmente polo pleno da Deputación, será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.

O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.