Ourense, 18 de xuño de 2018.- Os Camiños Xacobeos de Ourense encheranse de música coa celebración de "Voces do Camiño 2018", o II Ciclo de Encontros de Agrupacións Vocais no Camiño de Santiago, que este ano ofrecerá un total de nove concertos, en diferentes punto da xeografÃa ourensán, nos meses de xuño, agosto, outubro e decembro. A presentación desta iniciativa cultural tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da Coral Aqua Música, Antonio Fernández; a directora do proxecto "Voces no camiño de Santiago", MarÃa del Carmen González; e o director da Banda do Camiño, Xavier Vaz.
A Deputación de Ourense colabora con esta proposta cultural que é unha oportunidade "para facer a Ourense e as súas xentes máis visibles, contribuÃndo desde o ámbito da música ao coñecemento non só da nosa cultura musical, senón tamén da nosa gastronomÃa, paisaxes e monumentos", salientou Rosendo Fernández, quen explicou que "o Camiño de Santiago exerceu, desde a súa orixe, unha gran influencia nos distintos ámbitos de expresión da sociedade, e en particular nas manifestacións artÃsticas".
Pola súa parte, a directora do proxecto dixo que "a música é un altofalante para levar o noso coñecemento da provincia a outros sitios, e grazas á Deputación de Ourense e á colaboración de varios concellos da provincia, podemos poñer voz neses camiño esquecidos da provincia de Ourense".
O presidente da Coral Aqua Música, entidade organizadora da iniciativa, destacou "a paixón e afecto co que nos recibe a xente onde imos cantar", mentres que o director da Banda do Camiño, integrada por músicos de Ourense "que colaboramos xuntos desde hai un tempo, ofreceremos o primeiro concerto o dÃa 23 na Catedral de Ourense, e un concerto final no mes de decembro".
O programa de concertos dará comezo o dÃa 22 na Igrexa de San Martiño de Loiro, e continuarán ao dÃa seguinte na Catedral de Ourense, e o dÃa 24 de xuño en Xunqueira de AmbÃa, sendo o último concerto do mes, o dÃa 30 de xuño, no Camiño Real de Cudeiro. No mes de agosto haberá un único concerto que será o dÃa 19, na Colegiada de Xunqueira de AmbÃa. No mes de outubro, o dÃa 12 volverá a ser a Catedral de Ourense o escenario que acollerá os concertos, e ao dÃa seguinte, o 13 de outubro, haberá concertos en Bande e en Celanova. Por último, o dÃa 22 de decembro será o concerto final na Catedral de Ourense. Ademais de grupos ourensáns, tamén actuarán grupos procedentes de Burgos, Santander, Cádiz e Asturias.