Entrega de premios do 51º Rallye Ourense – Ourense Termal

Ourense, 9 de xuño de 2018.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe na entrega de premios do 51º Rally Ourense – Ourense Termal que tivo lugar no Xardín do Posío da cidade. O piloto Miguel Fuster é, por sétima vez, o campión desta competición.