Ourense, 18 de abril de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañou hoxe na súa visita á exposición In tempore sueborum ao músico VÃctor Prieto e ao xornalista e escritor José RodrÃguez, dous ourensáns de relevo internacional polas súas carreiras artÃstica e intelectual, que non quixeron perder a oportunidade de contemplar a mostra máis visitada na historia da provincia que, organizada pola Deputación de Ourense, supera xa a cifra de 37.800 visitantes.
Prieto e RodrÃguez destacaron a calidade e singularidade das pezas que integran a exposición, interesándose "por esta época tan descoñecida da nosa historia e da cal podemos contemplar moitos dos seus aspectos a tan só un centÃmetros de distancia", expresou VÃctor Prieto. Pola súa banda, José RodrÃguez valorou "a complexidade do traballo organizativo e de xestión para poder reunir nunha exposición pezas de diferentes museos de Europa, coa dificultade que supón mover polo mundo tesouros como os que aquà se exhiben".
O presidente do goberno provincial agradeceu "a sensibilidade do acordeonista e do intelectual ourensáns ao querer estar presentes na exposición, amosando unha vez máis o seu compromiso por Ourense e por todo o que significa pór en valor a nosa historia".
In tempore sueborun, que dÃas pasados se presentou na cidade portuguesa de Braga, encamiña o seu último tramo, xa que se clausurará o vindeiro 6 de maio, acadando os máis altos niveis de éxito de público e de investigadores, quen a logo destes meses puideron contemplar esta mostra histórica nos tres espazos expositivos onde se exhibe: o Centro Cultural "Marcos Valcárcel", a igrexa de santa MarÃa Nai e o Museo Municipal de Ourense".