Visita de Manuel Baltar ao municipio de Padrenda

Ourense, 21 de febreiro de 2018.- O presidente da Deputaci贸n de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o Concello de Padrenda, na comarca de Terra de Celanova, continuando coa rolda de visitas que est谩 a realizar polos municipios da provincia de Ourense. O presidente do goberno provincial reuniuse co rexedor local, Manuel P茅rez, con quen abordou temas de cooperaci贸n entre 谩mbalas d煤as administraci贸ns en materia de Medio Ambiente e Infraestruturas, e posteriormente despraz谩ronse ata a estrada OU 鈥 0213, que une a localidade de Crespos co municipio de Pontedeva, na que se levaron a cabo obras de construci贸n de beirarr煤as, proxecto para o cal a Deputaci贸n de Ourense destinou un orzamento de 60.000 euros, no marco do Plan provincial de cooperaci贸n 谩s obras e servizos municipais e da rede viaria provincial correspondente ao ano 2017.