Manuel Baltar recibe ao comisario da Polic铆a Nacional en Ourense

Ourense, 25 de xaneiro de 2018.- O presidente da Deputaci贸n de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao comisario xefe da Polic铆a Nacional en Ourense, Antonio 脕lvarez Valencia, audiencia na que o mando policial lle comunicou oficialmente a s煤a despedida do cargo por xubilaci贸n. O presidente do goberno provincial agradeceulle o labor realizado no ano e medio que desempe帽ou o cargo 谩 fronte do Corpo Nacional de Polic铆a en Ourense. Antonio 脕lvarez Valencia, natural de Mu铆帽os, conta cunha carreira profesional de m谩is de corenta anos, que o levou a traballar en Madrid, Barcelona, Tarragona e Ourense. Ingresou no corpo policial en 1977, e en 1986 ascendeu a inspector. Dez anos despois foi nomeado inspector xefe, chegando a comisario en 2013.