Manuel Baltar recibe aos pais e a irmá de José Manuel Doniz Freire, modelo e fotógrafo ourensán que hoxe cumpriría 54 anos

  • Doniz Freire faleceu hai dez anos, deixando un legado profesional e humano difícil de encher.

Ourense, 4 de xaneiro de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial, aos pais e a irmá de José Manuel Doniz Freire, Olga Freire Casas, Adolfo Doniz Rodríguez e Begoña Doniz Freire, respectivamente, o modelo e fotógrafo ourensán que hoxe cumpriría 54 anos. Durante a visita, Manuel Baltar repasou coa súa familia a traxectoria profesional dun "ourensán comprometido con Ourense, a quen debemos seguir lembrando e homenaxeando", destacou Manuel Baltar, quen engadiu, "a súa prematura desaparición fai que a súa obra cobre especial valor así como as súas achegas aos eventos culturais mais senlleiros da cidade e da provincia".

Manuel Baltar entregoulle a familia o libro Auria: cien obra maestras del arte en Ourense, unha publicación cun compendio de textos e fotografías realizadas, estas últimas, por José Manuel Doniz Freire, e o presidente do goberno provincial dixo que "Ourense non debe esquecer aos seus fillos máis creativos e Doniz Freire é un deles".

José Manuel Doniz Freire foi galardoado con dous premios nacionais lux do colexio profesional de reporteiros gráficos: no ano 1998 premio lux ouro en fotografía de retrato e no ano 2006 premio lux bronce en fotografía bodegón/alimentación. Entre as súas obras, é autor do libro Ahora Ourense, tienes que verla e do libro Auria: cien obra maestras del arte en Ourense. Tamén é autor partícipe do libro Xornadas de Folclore, 1984-2008. 25 anos de arte, cultura e tradicións dos cinco continentes.Colaborou no libro Outono Fotográfico 2006 e en varias edición coa revista Thermaespa.