Manuel Baltar, na IX Festa da Palabra: "Somos unha naci贸n cultural, a mellor definici贸n de Galicia, integradora e solidaria"

  • No acto celebrado hoxe na Insua dos Poetas o protagonista foi Carlos Casares, "cuxa memoria seguiremos a honrar pola s煤a personalidade e a s煤a obra, orgullosos como estamos do noso escritor", afirmou o presidente da Deputaci贸n.

  • Na celebraci贸n entreg谩ronse os premios "Insua dos Poetas" 2017 nas categor铆as de Creaci贸n literaria, Emigraci贸n, Iniciativa cultural, Medio ambiente, Medios de comunicaci贸n, Defensa da lingua galega e Artes pl谩sticas.

Ourense, 15 de xullo de 2017.- O presidente da Deputaci贸n de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe na IX Festa da Palabra, celebrada na Insua dos Poetas (Esgueva, O Carballi帽o), que somos "unha naci贸n cultural, a mellor definici贸n de Galicia, integradora e solidaria, na que loitaron os nosos devanceiros", citando como exemplo as achegas sociais e intelectuais de Curros, Lamas Carvajal, Vicente Risco, Otero Pedrayo赂 Cuevillas, Blanco-Amor, Celso Emilio Ferreiro, Pura V谩zquez, Ant贸n Tovar e Carlos Casares.

Nesta edici贸n o protagonista foi Carlos Casares, "cuxa memoria seguiremos a honrar pola s煤a personalidade e a s煤a obra, orgullosos como estamos do noso escritor, editor, xestor cultural con ideas renovadoras e proxectos participativos, e tam茅n, como non, do cidad谩n comprometido politicamente,", afirmou o presidente da Deputaci贸n de Ourense.

Manuel Baltar destacou que Casares "est谩 sempre presente na Ourensan铆a, un territorio e un sentimento que trascenden os lindes desta provincia e que debe ser tomado como o que 茅: a mellor maneira de sermos galegos".

Na celebraci贸n entreg谩ronse os premios "Insua dos Poetas" 2017: na modalidade de "Creaci贸n literaria", a Miguel Anxo Fern谩n Vello; en "Emigraci贸n", ao Centro Partido de O Carballi帽o en Bos Aires; na categor铆a "Iniciativa Cultural Destacada" ao grupo de teatro Tiruleque do Carballi帽o; 谩 Plataforma R铆os Limpos, no apartado de "Medio Ambiente", e na categor铆a "Medios de Comunicaci贸n" ao programa radiof贸nico da Radio Galega "Diario Cultural", mentres que na categor铆a "Defensa da Lingua Galega" conced茅uselle a premio ao m茅dico Carlos Guiti谩n. No apartado de "Artes Pl谩sticas" o premio foi para Ant贸n Pulido. Os galard贸ns consistiron nunha peza orixinal do escultor Manuel Buci帽os.

Xunto a Manuel Baltar, no acto participaron o conselleiro de Cultura, Rom谩n Rodr铆guez, o alcalde do Carballi帽o, Francisco Fumega; o presidente da Fundaci贸n Insua dos Poetas, Luis Gonz谩lez Tosar; Dami谩n Villala铆n, colaborador de Carlos Casares na editorial Galaxia, e Christian Casares, fillo de Carlos Casares. O apartado musical contou coa participaci贸n do grupo Gelria e coa Real Banda de Gaitas.

Tralos discursos tivo lugar o develamento de peza escult贸rica de Buci帽os "Vento Ferido" e do texto gravado en pedra, situado na entrada da Insua dos Poetas, do que 茅 autor Luis Gonz谩lez Tosar e que da conta da historia deste espazo natural dedicado 谩 cultura.

A Fundaci贸n Insua dos Poetas ven celebrando a Festa da Palabra desde o ano 2009, unha cita anual que xa forma parte do calendario cultural do ver谩n, na cal, ao longo destas nove edici贸ns foron homenaxeados: Rosal铆a de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enr铆quez, Celso Emilio Ferreiro, Xos茅 Mar铆a D铆az Castro, Eduardo Blanco Amor, Francisco Luis Bern谩rdez, Pura e Dora V谩zquez e Carlos Casares. Gonz谩lez Tosar avanzou que a vindeira edici贸n da Festa da Palabra estar谩 dedicada ao poeta V铆ctor Campio Pereira.