Rosendo Fernández participa na presentación das actividades da Guarda Real en Ourense

Ourense, 2 de maio de 2017.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou esta mañá no Concello de Ourense, na presentación das actividades que desenvolverá a Guarda Real na cidade de Ourense que inclúe unha exposición, no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" do 13 ao 21 de maio baixo o título "La Guardia Real, 500 años de historia"; un pasarrúas o día 20 a partir das 13.00 horas, así como un concerto, ese mesmo día, no Auditorio Municipal. A xura de bandeira terá lugar o día 21 na Delegación de Defensa. Asemade, haberá diferentes actividades nas vilas da provincia, en concreto, en Xinzo e O Carballiño, o día 18; ao día seguinte, en Ribadavia, O Barco e Celanova; e o día 20 será a quenda para o municipio de Verín. Trátase da primeira visita que a unidade militar ao servizo do Rei realiza a Ourense, para dar a coñecer o seu labor. Na presentación tamén participou o alcalde do Concello de Ourense, Jesús Vázquez e o coronel de infantería, Eduardo Diz Monje.