Deputación de Ourense e Confederación Miño-Sil investirán 100.000 € na construción dun viario sobre o río Gorgua, en Padrenda

Ourense, 11 de abril de 2017.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o titular da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín, e o alcalde de Padrenda, Manuel Pérez, asinaron un convenio de colaboración para a construción dun viario sobre o río Gorgua, que substituirá o actual paso, situado no núcleo da Granxa, no municipio de Padrenda. O orzamento para esta obra, que ascende a 100.000 euros, será achegado ao 50 % pola Deputación de Ourense e a CHMS, mentres que o Concello de Padrenda porá a disposición os terreos necesarios para levar a cabo a construción da dita infraestrutura.

O obxecto do proxecto é a substitución dunha obra de paso que mellore a permeabilidade lonxitudinal da canle, tanto hidráulica como á fauna presente, eliminando ao mesmo tempo o risco que comporta o uso do viario. O paso existente está constituído por un encofrado chapa metálica que presenta un estado de ruína parcial, con importante deformacións e roturas, consecuencia das crecidas do río nos últimos anos.

A obra de paso proxectada ten de 10 metros de lonxitude e foi dimensionada para un caudal de avenida de período de retorno de 500 anos. A actuación completarase co pintado das marcas viarias de borde de calzada, e a instalación de barreiras de seguridade de chapa galvanizada para protección viario.

O prazo de execución das actuacións estimase en tres meses.