Ourense, 14 de decembro de 2016.- Un ano máis, a Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense volve ao Teatro Principal para celebrar o seu tradicional Festival de Nadal, como peche das actividades do primeiro trimestre do curso 2016-2017. O evento terá lugar mañá xoves, 15 de decembro, ás 20.15 horas. Os alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 5 e os 60 anos, ofrecerán un espectáculo de canto, música, e baile de aproximadamente unha hora, cun repertorio composto por muiñeiras, jotas, polkas, pasodobres, asà como cantigas de Nadal, para desexarlle unhas boas festas a todos os asistentes.
Asemade durante todo o mes de decembro e ata o 15 de xaneiro, nas instalacións do Centro de Cultura Popular XaquÃn Lorenzo da Deputación de Ourense, situado no C. Comercial "As Lagoas", estará exposta a mostra Estampas dunha RomarÃa, no marco da programación do Outono Fotográfico, formada por 25 fotografÃas premiadas no concurso da XV RomarÃa Etnográfica Raigame, que na súa modalidade de "Mellor FotografÃa", resultou gañadora a ourensá, Ana Iglesias, sendo o pontevedrés Ãngel Paz, o gañador na categorÃa de "Mellor Serie".