Programa de actividades do CCP Xaqu铆n Lorenzo da Deputaci贸n do curso 2016-2017

Ourense, 22 de novembro de 2016.- O Centro de Cultura Popular Xaqu铆n Lorenzo da Deputaci贸n de Ourense comezou o curso 2016-2017 o pasado mes de outubro cun programa de actividades moi completo. Concretamente, no que se refire 谩 Escola Provincial de Danza comezou coas clases de Baile, Pandeireta e Canto, de Gaita para acompa帽amento de grupos de baile, e co Obradoiro de Tecido Tradicional, dirixido a todas as persoas maiores de 5 anos.

Por outra parte, no marco das actividades organizadas de cara ao p煤blico que se realizaron ata o momento destaca a participaci贸n de diferentes grupos da Escola de Danza no XVII "Festival de Cantareiras O Son dos Antergos", celebrado en Ferrol o 15 de outubro, xunto cos grupos "Alxibeira" do Padroado de Cultura do Concello de Nar贸n, "Arume de Berdillo" de Carballo e A.F.C. "Terra Meiga", grupo anfitri贸n; e a actuaci贸n de baile, m煤sica e canto na Residencia de Maiores de Pi帽or, con motivo da celebraci贸n do magosto. Recentemente, tam茅n participou nas V "Xornadas de Investigaci贸n de Danzas Rituais", cun relatorio titulado Danzas Rituais en Ourense, presente e futuro, celebrado en Fregenal da Serra, Badaxoz, os d铆as 5 e 6 de Novembro.

As actividades programadas neste trimestre contin煤an e hoxe, 22 de novembro, comeza a XII edici贸n do "Obradoiro de Xogos Populares" dirixido aos centros educativos p煤blicos da provincia que ter谩 lugar ata o vindeiro mes de maio. Esta iniciativa, pensada para alumnos de primaria e de secundaria, est谩 organizada en d煤as sesi贸ns por centro, co fin de dar a co帽ecer actividades l煤dicas baseadas na nosa cultura tradicional. Para este curso, inscrib铆ronse un total de 51 centros, coa participaci贸n estimada de 1.800 rapaces.

Por 煤ltimo, dentro das actuaci贸ns que a Escola de Danza ten programadas, destaca a participaci贸n na feira Megaxove en Expourense que ter谩 lugar o 7 de decembro, as铆 como o Festival de Nadal que se celebrar谩 o 15 de decembro no Teatro Principal de Ourense.